Torricelli, Evangelista
Torricelli, Evangelista
Físico e matemático italiano. Estudou en Faenza e Roma. Sucedeu a Galileo como matemático do gran duque de Toscana. Estudou o movemento dos corpos e o seu equilibrio, así como a caída dos líquidos. Construíu diversos instrumentos, entre eles un termómetro, e en 1643 realizou unha experiencia para medir a presión atmosférica mediante un tubo de mercurio, que constitúe o fundamento do barómetro. Publicou Trattato del moto (1640) e Opera geométrica (1644).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Faenza -
Deceso
Lugar : Florencia