"Fernández" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 538.

  • GALICIA

    Escultor. Suponse que foi fillo do entallador Gregorio Fernández quen traballou no retablo de San Martiño de Noia en 1562. A súa formación comezou probablemente nos obradoiros ourensáns da órbita de Juan de Juni, pero a comezos do s XVII trasladouse a Valladolid, onde se formou no obradoiro de Francisco Rincón e está documentado como escultor independente en 1605. En Valladolid recibiu tamén a influencia de Pompeo Leoni e dos escultores clasicistas da corte. Na súa evolución artística distínguense tres etapas: unha de formación ata 1616, caracterizada polo manierismo herdado dos seus mestres; a madurez, ata 1623, baseada no naturalismo; e a derradeira ou da plenitude barroca con actitudes máis dramáticas e dinámicas. As súas obras caracterízanse polo verismo, manifestado no tratamento da anatomía e das encarnacións, que adoitan ser mates, e no emprego de elementos postizos como ollos de cristal. Fronte á plasticidade dos corpos, as vestimentas aparecen acartonadas polo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Jesito, foi profesor de debuxo no Instituto de Ensino Medio Eusebio da Guarda e nas Escolas da Casa da Misericordia da Deputación da Coruña. En 1931 obtivo unha bolsa para estudar a talla dos imaxineiros casteláns. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1929 e recibiu, entre outros, o primeiro premio do concurso de carteis das festas da Coruña (1932) e o segundo premio do concurso nacional da Asociación de Pintores y Escultores de Zaragoza (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista. Estudiou belas artes en Madrid e formou parte dun grupo de arte nova en Xenebra (1971). Cultivou a pintura, a escultura e a cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Descubriu as illas de Juan Fernández e unha nova rota marítima entre os portos de Callao e Valparaíso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Protexido por Francisco de Moure, pintou, entre outros, o retablo da capela maior de Santa María de Melias (Pereiro de Aguiar, 1606).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e músico. Foi cantor da catedral de Salamanca e profesor de música na universidade. É autor dun conxunto de pezas recollidas no volume Farsas y églogas al modo pastoril (1514), un dos piares do drama castelán primitivo, tanto na súa dimensión profana (Comedia de Bras-Gil y Berenguella) como na relixiosa (Églogas de Navidad e Auto de la Pasión).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1924 estableceuse en París, onde coñeceu o purismo de Le Corbusier e Ozenfant e o cubismo. Expuxo cos surrealistas en 1936 en Nova York. Da súa obra, que mostra unha preocupación polo vigor compositivo e a simplicidade, destacan Abstraction en longitude e Crâne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Patriarca do movemento invencionista, a súa obra anticipou a omnipotencia do narrador, o concepto de “obra aberta” e a prioridade da metafísica sobre a psicoloxía. Publicou No toda es vigilia la de los ojos abiertos (1928), Papeles del Recienvenido (1929) e Una novela que comienza (1941). Postumamente apareceron Poemas (1953) e Museo de la novela eterna (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano e escultor. Ingresou na orde (1881) e tomou os hábitos (1887). Realizou numerosas pezas para as igrexas da orde franciscana e construíu, entre outros, os órganos dos conventos de Herbón e Canedo, ademais de reparar os das catedrais de Lugo e Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Agostiño e escritor. Formado no convento de Santiago, foi destinado a Filipinas (1785), onde foi vogal e definidor da orde. Das súas obras destacan Filosofía cristiana (1838) e Libro de lo que debe hacer el hombre cristiano todos los días (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano e escritor. Profesou en Salamanca (1828) e foi destinado ás misións de Filipinas (1832). Foi lector de humanidades no colexio de San Tomé de Manila, e mestre de novicios en varios conventos daquelas illas. Colaborou no Dicionario ibanag-español (1854) dos dominicanos e no Dicionario español-ibanag (1864), e dirixiu a reimpresión do Catecismo en lingua ibanag.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Iniciouse no mundo da ilustración e do deseño na súa etapa universitaria. Traballou nas historias Os viaxeiros do tempo e Un misterio para Simón, de Fausto Isorna. Colaborou con Carlos Portela nas series Forest Hill e Guinsy para Atlántico Diario. Publicou na revista de banda deseñada erótica Penthouse Comix, e posteriormente en El Víbora, con historias que combinan humor e erotismo. Logo de colaborar con Elipse, realizou para a revista Golfiño a serie “O castelo regadeira” e participou no tomo Magical Mystery Tour.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Realizou, entre outras obras, o retablo de San Xoán de Sardiñeiro (Fisterra, 1580), pintado por Xoán de Moreira, as mesas, asentos, respaldos e púlpito do refectorio de San Xoán de Poio, as andas da confraría do Rosario de Santiago (1585), unha custodia de madeira para a colexiata de Santa María de Vigo, o retablo maior de San Martiño de Fruíme (Lousame, 1600) e os retablos de San Salvador de Cis (Oza dos Ríos, 1601), Santa María de Asados (Rianxo, 1603) e Santa María de Rutis (Culleredo, 1605).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de cantería. Traballou dende 1544 no colexio de Fonseca e foi mestre de obras da cidade e da catedral dende 1564, onde dirixiu as obras que pecharon o claustro polo O (1566-1567). En 1564 recibiu o encargo de realizar a escaleira da praza das Praterías e trazou a planta dunha capela do mosteiro de Caión. Proxectou o campanario da antiga igrexa de San Francisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cerralleiro. De orixe francesa, foi veciño de Santiago de Compostela. Traballou co mestre Guillem Bourse ata o falecemento deste en 1558, ano en que abriu un obradoiro. Realizou, entre outras obras, as reixas do púlpito de Santa María a Grande de Pontevedra (1567), as da capela de San Pedro da Cerca ou da Azucena na catedral compostelá (1571), e as da capela de T. Gómez en Santa María de Salomé (1573). En 1587 o concello de Santiago nomeouno cerralleiro do Santo Oficio do Reino de Galicia, título expedido pola Inquisición en 1584.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Traballou nas obras da catedral compostelá, da que foi mestre de obras dende 1606. Continuou as obras iniciadas por Ginés Martínez: a escalinata do Obradoiro, o colexio de Sanclemente, do que foi mestre de obras dende 1609, e a urbanización da praza da Quintana (1611-1616), onde proxectou a Porta Santa. En 1611 trazou a fachada do pazo arcebispal que dá á praza do Obradoiro. Realizou tamén a galería que coroa a fachada do claustro e a torre da Vela (1614), situada no ángulo SO. Na cidade compostelá, encargouse das reparacións das fontes (1612) e contratou a construción do claustro e doutras obras no convento de Santo Agostiño (1618), que realizou B. Fernández Lechuga. Fóra de Santiago, deu as trazas da capela maior de Santo Andrés de Zas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras, fillo de Xácome Fernández. Foi fontaneiro da cidade de Santiago (1637) e colaborador de B. Fernández Lechuga. Traballou no mosteiro de San Paio de Antealtares (1641-1645), onde terminou o lenzo da fachada da Quintana. Na igrexa do convento de Santo Agostiño realizou a cúpula, as bóvedas, os arcos torais e outras obras (1642), e en 1645 rematou a capela da confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval. En 1651 contratou a construción dun lenzo do claustro de Santa María de Conxo. Con este mesmo nome, documéntase outro mestre de obras, que podería ser o seu fillo, que traballou no mosteiro de San Martiño Pinario (1667).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Activo entre 1600 e 1615, realizou, entre outras obras, os retablos de Santa María de Mixós (Monterrei, 1600-1601), o da capela maior de Santo Estevo de Sandiás (1603), o de Santo Estevo de Ambía (Baños de Molgas, 1604) e o retablo maior de Santa Comba de Treboedo (Maside, 1615).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Doutor en Arquitectura e catedrático emérito da Universidade da Coruña. A súa obra pode cualificarse de funcionalista e relaciónase coa obra de Mies van der Rohe. Destacan, entre outras construcións, a planta embotelladora de Coca Cola e a SEAT na Coruña, o complexo de Sargadelos, as sedes do Banco Bilbao na Coruña e Pontevedra, o Centro de Cálculo de Caixa Galicia, a rehabilitación da Casa Museo de Rosalía de Castro, a Escola de Idiomas e o Conservatorio da Coruña. Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e o primeiro en ocupar o mesmo posto ao crearse o COAG (1973-1979). Colaborou en Boletín Académico da ETSA, Luzes de Galicia, Coruña paraíso del turismo, On diseño, Obradoiro e, entre outras obras, en R. González Villar e a súa época (1975), Isaac Díaz Pardo: un proxecto socio-cultural para Galicia (1990) e Xosé Bar Boo, arquitecto (1996). Pertenceu á Real Academia Galega, Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO