Fernández, Xácome

Fernández, Xácome

Mestre de obras. Traballou nas obras da catedral compostelá, da que foi mestre de obras dende 1606. Continuou as obras iniciadas por Ginés Martínez: a escalinata do Obradoiro, o colexio de Sanclemente, do que foi mestre de obras dende 1609, e a urbanización da praza da Quintana (1611-1616), onde proxectou a Porta Santa. En 1611 trazou a fachada do pazo arcebispal que dá á praza do Obradoiro. Realizou tamén a galería que coroa a fachada do claustro e a torre da Vela (1614), situada no ángulo SO. Na cidade compostelá, encargouse das reparacións das fontes (1612) e contratou a construción do claustro e doutras obras no convento de Santo Agostiño (1618), que realizou B. Fernández Lechuga. Fóra de Santiago, deu as trazas da capela maior de Santo Andrés de Zas.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela