"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • Unidade do exército popular dirixida por Bernardo González de Valle, Cachamuíña, que participou na reconquista de Vigo. Posteriormente foi reorganizada en tres batallóns e a súa existencia prolongouse despois da Guerra da Independencia ata 1815 cando os batallóns se refundiron do Rexemento da Princesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Ousá e Cotá (Friol). O seu cumio acada os 558 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coles baixo a advocación de san Xillao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Coles. De orixe románica, conserva unha portada coa imaxe de san Xián no centro sobre un arco de medio punto decorado con arquivoltas e asentado sobre columnas con capiteis decorados con motivos florais. A parte superior decórase con ornamentos en bóla que rodean o triplo campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, tres faixas de sinople. Presenta a variante Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino. Foi profesor de teoloxía moral en San Martiño Pinario e, tras a exclaustración, foi catedrático de Retórica e Poética do instituto de segundo ensino de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Teoloxía (1854) e de Dereito Canónico (1875) da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de decano da facultade de Teoloxía. Publicou, entre outras obras, Panegírico del beato Juan de Ribera (1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado ao S de Oviedo e regado polo río Nalón (1.979 h [2001]). De poboación dispersa, o núcleo do termo é Soto de Ribera. A economía é principalmente agrícola e gandeira. Posúe unha central térmica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros e regado polo Valdemedé, afluente do Matachel (3.395 h [2001]). Destaca a gandaría lanar e as industrias alimentarias de fariñas e aceites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Lo Spagnoletto, de moi novo marchou a Roma, onde viviu intensamente a nova maneira introducida por Caravaggio e asistiu á Accademia Nazionale di San Luca. Despois estableceuse en Nápoles, onde recibiu a protección dos representantes da Coroa de Castela, o duque de Osuna e o conde de Monterrey. Recibiu encargos importantes e un gran número das súas obras chegaron á Península Ibérica. O seu estilo evolucionou de maneira inversa ao de Caravaggio, pois foise aclarando progresivamente, evolución que se aprecia en Calvario da colexiata de Osuna (1616-1620), Trinidad (1636?) e El sueño de Jacob (1639). A composición das súas obras está equilibrada mediante o debuxo e a cor. O dominio do debuxo manifestouno nos gravados. Entre as súas obras destacan tamén Isaac bendiciendo a Jacob (1637), El Nacimiento (1643), La Adoración de los pastores (1650), La Piedad (1637), La Purísima...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Traballou en Pontevedra, cidade na que fundou o semanario O Galiciano (1887) e a revista A Tía Catuxa (1889), onde incluíu diversos artigos e composicións. Participou na elaboración do volume O Galiciano. Produciós premeados no certame gallego literario que iniciado por O Galiciano celebrouse en Pontevedra no día 9 de agosto de 1886 (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino. Foi prior e arquiveiro cara a 1721 no mosteiro de San Xián de Samos, onde tamén foi abade (1733-1737). Atribúeselle Relación sucinta de los sucesos principales del Real Monasterio de San Julián de Samos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Foi colexial de San Gregorio de Valladolid (1606) e prior dos conventos de Trianos, Gasteiz, Zamora, Toro e La Pasión, de Madrid. Escribiu Vida de la sierva de Dios Sor María de Sotomayor e Decisiones regulares de nuestra Religión y Provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, ingresou na orde no convento da Peña de Francia e foi colexial por Lugo no colexio de San Gregorio de Valladolid, onde foi lector de Artes e Filosofía. Foi mestre de teoloxía en Piedrahita, Trianos, Toro e Ávila. Presentado en Teoloxía en 1615 e mestre en 1623 foi prior dos conventos de Peña de Francia, Oviedo, Ocaña, Toro e Atocha e reitor de San Gregorio de Valladolid (1631)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a pintura de historia e os retratos e foi discípulo de F. Bayeu en París. Foi pintor de Carlos IV (1811) e de Fernando VII (1816), quen lle encargou a decoración de Aranjuez e de El Pardo. O seu fillo, Carlos Luis Ribera (Roma 1815-Madrid 1891) foi discípulo seu e de Hippolyte Delaroche e pintou na corte de Isabel II (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de Teodoro Ardemáns, a quen sucedeu como mestre de obras maior do concello de Madrid, cultivou o estilo churrigueresco e un barroco extremo, expresado sobre todo nas portadas. En Madrid realizou a igrexa da Virgen del Puerto (1718), a ponte de Toledo sobre o Manzanares (1719), a igrexa de Montserrat (1720), a caserna para a Garda de Corps da corte, o Real Hospicio de San Fernando (1722) e a igrexa de San Cayetano (1722). Fixo o proxecto da torre da catedral nova de Salamanca (1733).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, profesou en San Esteban de Salamanca en 1748. Foi catedrático de Filosofía nos conventos da Coruña e Ávila e mestre de teoloxía nos de León e Salamanca. En 1786 foi vigairo provincial do Reino de Galicia e prior dos conventos de Pontevedra e Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, ingresou na orde en 1754 no convento da Coruña. Foi profesor de filosofía no convento de Gasteiz, mestre de estudantes en Lugo, e profesor de teoloxía en Tábara, Lugo e Ávila. Graduado en Teoloxía en 1781, foi durante tres trienios prior do convento da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso agostiño. Tomou o hábito no convento de Santiago de Compostela (1709) e foi misioneiro en Filipinas (1713), prior do convento de Manila e definidor da súa provincia, comisario do Santo Oficio e gobernador eclesiástico de Nueva Segovia. Escribiu Sumario de las indulgencias de la Correa (1719) e Catecismo de la Doctrina Cristiana, del P. López, refundido (1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ribadeo a partir do 3 de xaneiro de 1881 que cesou o 30 de xaneiro de 1971. Subtitulouse “Periódico semanal de intereses generales, noticias y anuncios” e “Periódico de información galaico-asturiana. Decano de la prensa provincial”, a partir de 1894. Sucesor de El Eo, o seu fundador, propietario e director durante a primeira época foi Xosé Mª Páez Cancio. Tras o seu falecemento, en 1916, dirixiuno Antonio Pérez, quen foi substituído por Xosé Mª Puebla a partir de 1921. Incluíu noticias locais, traballos históricos sobre o contorno e colaboracións de destacados personaxes da vila, ademais de artigos dos seus correspondentes en Bos Aires e La Habana. En 1894 comezou unha segunda época e, a partir da Guerra Civil, tivo que adaptarse ás novas circunstancias políticas, polo que eliminou as colaboracións en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO