Ribeiro, Voluntarios do ou Voluntarios de Cachamuíña
Ribeiro, Voluntarios do ou Voluntarios de Cachamuíña
Unidade do exército popular dirixida por Bernardo González de Valle, Cachamuíña, que participou na reconquista de Vigo. Posteriormente foi reorganizada en tres batallóns e a súa existencia prolongouse despois da Guerra da Independencia ata 1815 cando os batallóns se refundiron do Rexemento da Princesa.