"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á mestura ou combinación do acetilo e do osíxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumefacción non inflamatoria da papila óptica debida a un aumento da presión intracranial e á obstrución do fluxo venoso orbital. A causa máis frecuente son os tumores cerebrais.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor. Gramático na escola da corte de Carlomagno, participou na loita contra o adopcionismo e escribiu un Libellus sacrosyllabus contra Elipandum, dirixido contra Elipando de Toledo e os adopcionistas; tres libros Contra Felicem Urgellitanum episcopum e un Liber exhortatorius. A súa festividade celébrase o 9 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e farmacéutico francés. Descubriu a fermentación butírica e estudou a constitución do petróleo. Preparou ácido fórmico a partir do ácido cianhídrico e abriu o camiño para a síntese dos ácidos graxos. Escribiu Traité de chimie génerale (1848-1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amazona, filla de Ares e Otrere. Despois da morte de Héitor, acudiu en axuda de Príamo xunto coas outras amazonas, pero Aquiles feriuna mortalmente no seo dereito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tetracloroetileno.
-
PERSOEIRO
Empresario francés. Establecido en París (1822), dedicouse ao cambio de moeda. En 1835 asociouse con James de Rothschild para construír e explotar a liña férrea París-Saint- -Germain-en-Laye, pero máis tarde fundou unha banca propia (1852), que foi malograda en 1868.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo aromático pentacíclico que se atopa no alcatrán de carbón.
-
-
Persoa que trata con xamóns.
-
Ave de 40 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, de plumaxe parda con manchas máis escuras, o ventre branco, os ollos grandes e amarelos e as patas longas. Vive en dunas e campos de cultivo, e aliméntase de presas pequenas, como lagartos, miñocas, escaravellos ou caracois. Está presente en España, pero no N é máis raro. En Galicia existen poboacións invernantes preto da costa, que poden ser vistas en paso en outubro, e outras estivais no SL de Ourense, que se poden ver en paso en febreiro-marzo.
-
-
-
Enfermidade grave, epidémica e contaxiosa que provoca gran mortaldade.
-
Cheiro moi forte e desagradable.
-
-
-
Relativo ou pertencente á peste.
-
Que porta ou pode transmitir a peste.
-
-
-
Que está infectado de peste ou dunha enfermidade grave.
-
Que contaxia a peste ou unha enfemidade grave.
-
Que desprende un olor moi desagradable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha compacta de fractura concoidal con manchas grises, avermelladas ou verdosas. Consta esencialmente de feldespato e cuarzo e a miúdo contén magnetita, olixisto, apatita e hornblenda. Ás veces presenta un aspecto porfírico.
-
PERSOEIRO
Matemático. Estudou as funcións analíticas uniformes, as ecuacións diferenciais lineais con coeficientes periódicos e as funcións alxébricas e as súas integrais. Ideou un método de aproximacións sucesivas para resolver ecuacións diferenciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da vea porta.
-
-
Gorra que poñían como tocado os escravos romanos ao recibir a liberdade.
-
Cima da cabeza dunha ave, desde a base do bico á caluga.
-
Sombreiro dos cogomelos.
-
Membrana que, ás veces, cobre a cabeza do feto no parto.
-
Un dos hemisferios do cerebelo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado en Safor, na chaira aluvial costeira (2.148 h [2001]). Destaca o regadío, dedicado principalmente ás laranxeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico francés da arte. Valorou a P. P. Rubens e provocou a reacción dos seguidores de N. Poussin. Sobre unha base realmente clasicista, valorou a importancia do xenio e aconsellou basear os xuízos na razón. Publicou Abrégé de la vie des peintres (1699) e Cours de peinture par principes (1708).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Trombose da vea porta.
-
PERSOEIRO
Tirano de Mitilene (Lesbos). De orixe tracia, puxo fin á guerra civil e gobernou Mitilene xunto co tirano Mirsilo. Intentou restrinxir o poder da nobreza e gobernou apoiándose nas clases populares. É autor do aforismo “Debes escoller a oportunidade”. Inclúese dentro do grupo dos Sete Sabios de Grecia.
VER O DETALLE DO TERMO