pernileiro -ra
pernileiro -ra
(< pernil)
-
s
Persoa que trata con xamóns.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 40 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, de plumaxe parda con manchas máis escuras, o ventre branco, os ollos grandes e amarelos e as patas longas. Vive en dunas e campos de cultivo, e aliméntase de presas pequenas, como lagartos, miñocas, escaravellos ou caracois. Está presente en España, pero no N é máis raro. En Galicia existen poboacións invernantes preto da costa, que poden ser vistas en paso en outubro, e outras estivais no SL de Ourense, que se poden ver en paso en febreiro-marzo.
Sinónimos: alcaraván.