"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • Relativo ou pertencente á citocinese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Foi discípulo de August Kekulé na Universidade de Bonn. Traballou na síntese de ésteres cetónicos aromáticos e de β-dicetonas, e na condensación e transposición que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento aerófono, xeralmente de madeira, con lingüeta simple, perforación cilíndrica e pavillón en forma de campá. Alcanza máis de catro oitavas de extensión debido aos seus tres rexistros: o grave ou chalumeau, o mediano, denominado clarín, e o rexistro agudo. De modelos variados, entre os pequenos o máis frecuente é o requinto e o clarinete en do, que tende a desaparecer, substituído polo máis corrente, afinado en si bemol, ou o clarinete en la. Os contraltos están afinados en fa, como o corno di bassetto, e en mi bemol. O baixo, en si bemol, menos frecuentemente en la. A invención, a finais do s XVII, do clarinete propiamente dito, coa posibilidade de máis dun rexistro, débese a J. C. Denner. No transcurso do s XVIII perfeccionouse e aumentouse o número das chaves. Rameau introduciuno na orquestra a mediados do s XVIII e adoptouno a escola de Mannheim. Mozart conferiulle xa un papel moi importante e regular nas súas últimas obras sinfónicas e de cámara....

      2. Persoa que toca ese instrumento.

      3. clarinete de amor

        Instrumento da familia do clarinete aparecido no s XVIII e situado, pola acuidade, entre os ordinarios da orquestra e os contraltos, afinado xeralmente en sol. A embocadura está separada por un tudel do corpo do instrumento, recto ou lixeiramente curvado e acabado nun pavillón esférico, como o óboe de amor.

    1. Rexistro de órgano que imita a sonoridade do clarinete de orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que toca o clarinete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Comezou dirixindo numerosas curtametraxes. Entre 1920 e 1923 traballou con Buster Keaton en diversas producións e converteuse nun dos mellores representantes do cine burlesco. Entre as súas producións destacan: Three Ages (Tres idades, 1923), Circus Days (Días de circo, 1923), When a Man’s a Man (Cando un home é un home, 1924), The Crash (O choque, 1928), The Widow from Chicago (A viúva de Chicago, 1930), Breaking the Ice (Rompendo o xeo, 1938), Crazy House (Casa tola, 1943) ou Jiggs and Maggie in Court (Jiggs e Maggie na corte, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común das xoaniñas do xénero Coccinella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coccinélidos.

    2. Insecto da familia dos coccinélidos.

    3. Familia de coleópteros polífagos que abrangue individuos pequenos ou medianos, de corpo plano por debaixo e abombado por riba. Os adultos son diúrnos, voadores regulares, de cor escura, sobre a que resaltan manchas de cores vivas, de forma e número variables. Tanto a maioría das larvas como os adultos son grandes devoradores de afídidos e cóccidos, polo que se empregan na tratamento biolóxico destas pragas. Os representantes típicos da familia son as xoaniñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros da familia dos coccinélidos ao que pertencen as xoaniñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De cor escarlata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cochinchina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cochinchina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviadora norteamericana. Obtivo a licenza de piloto no ano 1932 e foi a primeira muller que superou a velocidade de Mach 2. Foi presidenta da Federación Aeronáutica Internacional e, posteriormente, consultora da NASA para o entrenamento de astronautas. Publicou a autobiografía The Stars at Noon (As estrelas ao mediodía, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten como profesión cociñar. Ex: O cociñeiro deste restaurante é moi bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie documental publicada entre 1842 e 1895, que consta de 113 volumes, máis dous índices aparecidos en 1930-1931. Foi dirixida por Martín Fernández de Navarrete, Miguel Salvá e Pedro Sáinz de Baranda e, posteriormente, por José Sancho Rayón, Francisco de Zabálburu e o marqués de Fuensanta del Valle. En xeral, ofrece numerosos documentos dos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno no funcionamento dos condutos ou da vesícula biliar, consistente na circulación anormal da bile cara ao duodeno. Débese a unha hipertonía ou hipotonía da vesícula biliar ou a unha hipertonía do esfínter de Oddi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido, drenado polo río Bann (485 km2; 48.100 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación do plano ou do espazo que cambia puntos en puntos, rectas en rectas e planos en planos, que conserva a colinealidade de puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado con outros nunha mesma liña recta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de colineal.

    VER O DETALLE DO TERMO