clarinete
(
-
[MÚS]
-
s
m
Instrumento aerófono, xeralmente de madeira, con lingüeta simple, perforación cilíndrica e pavillón en forma de campá. Alcanza máis de catro oitavas de extensión debido aos seus tres rexistros: o grave ou chalumeau, o mediano, denominado clarín, e o rexistro agudo. De modelos variados, entre os pequenos o máis frecuente é o requinto e o clarinete en do, que tende a desaparecer, substituído polo máis corrente, afinado en si bemol, ou o clarinete en la. Os contraltos están afinados en fa, como o corno di bassetto, e en mi bemol. O baixo, en si bemol, menos frecuentemente en la. A invención, a finais do s XVII, do clarinete propiamente dito, coa posibilidade de máis dun rexistro, débese a J. C. Denner. No transcurso do s XVIII perfeccionouse e aumentouse o número das chaves. Rameau introduciuno na orquestra a mediados do s XVIII e adoptouno a escola de Mannheim. Mozart conferiulle xa un papel moi importante e regular nas súas últimas obras sinfónicas e de cámara. Entre outros compositores, que crearon pezas para el, destacan Beethoven, Weber, Gershwin ou Bernstein.
-
s
Persoa que toca ese instrumento.
Sinónimos: clarinetista. -
clarinete de amor
Instrumento da familia do clarinete aparecido no s XVIII e situado, pola acuidade, entre os ordinarios da orquestra e os contraltos, afinado xeralmente en sol. A embocadura está separada por un tudel do corpo do instrumento, recto ou lixeiramente curvado e acabado nun pavillón esférico, como o óboe de amor.
-
s
m
-
s
m
[MÚS]
Rexistro de órgano que imita a sonoridade do clarinete de orquestra.