clarín

clarín

(

  1. [MÚS]
    1. s m

      Instrumento aerófono de metal, de perforación cónica, sen buracos nin pistóns, precursor da actual trompeta, aínda que máis pequeno. Polo seu timbre claro e brillante utilizouse para executar as partes agudas das composicións da época do Barroco.

    2. s

      Persoa que toca ese instrumento.

    3. s m

      Partes máis agudas da música barroca.

  2. s m [MÚS]

    Trompeta medieval de madeira aguda, recta ou lixeiramente curvada que consta de sete buracos.

  3. s m [MÚS]

    Rexistro medio do clarinete debido á transposición na doceava superior dos sons do rexistro grave.

  4. s m [MÚS]

    Rexistro do órgano que soa unha oitava superior ao da trompeta.

Palabras veciñas

clarificador -ra | clarificante | clarificar | clarín | Clarín | clarinado -da | clarinete