clarificador -ra
clarificador -ra
(< clarificar)
-
adx
Que clarifica.
Ex: O exemplo que puxo resultou clarificador para todos nós.
Sinónimos: clarificante. -
s
m
[IND]
Aparello empregado para clarificar un líquido, separando as partículas en suspensión. Distínguense tres tipos: clarificador por gravidade, clarificador centrífugo e clarificador de filtro. Os clarificadores por gravidade, máis usuais, constan dun depósito, polo xeral de grandes dimensións, para conseguir unha produción elevada e están provistos dun dispositivo que remove as lamas e os transporta cara á súa saída. Son adecuados para separar os sólidos lixeiros finamente divididos, como por exemplo os fangos das augas residuais.