clarificador -ra

clarificador -ra

(< clarificar)

  1. adx

    Que clarifica.

    Ex: O exemplo que puxo resultou clarificador para todos nós.

    Sinónimos: clarificante.
  2. s m [IND]

    Aparello empregado para clarificar un líquido, separando as partículas en suspensión. Distínguense tres tipos: clarificador por gravidade, clarificador centrífugo e clarificador de filtro. Os clarificadores por gravidade, máis usuais, constan dun depósito, polo xeral de grandes dimensións, para conseguir unha produción elevada e están provistos dun dispositivo que remove as lamas e os transporta cara á súa saída. Son adecuados para separar os sólidos lixeiros finamente divididos, como por exemplo os fangos das augas residuais.

Palabras veciñas

clarificable | clarificación | clarificado -da | clarificador -ra | clarificante | clarificar | clarín