clarificación

clarificación

(< lat clarificatiōne)

  1. s f

    Acción de clarificar.

  2. s f [QUÍM/ALIM]

    Proceso industrial de separación das partículas sólidas suspendidas nun líquido co obxecto de aclaralo. Se se deixa un líquido turbio en repouso, as partículas suspendidas, cando son máis densas có medio concéntranse no fondo, de xeito que se pode retirar o líquido claro pola parte superior. A eficacia dun método de clarificación dependerá do valor da velocidade de caída das partículas presentes dentro do líquido. Así, poderase clarificar un líquido por gravidade cando a velocidade sexa elevada, e recorrer á floculación cando as densidades do sólido e do fluído sexan moi semellantes. Cando o líquido é moi viscoso, emprégase a clarificación por centrifugación. Nas industrias alimentarias, clarifícanse as solucións de azucre, viños, cervexa, zumes de froitas, etc, mediante un tratamento con produtos químicos tolerados como aditivos (clara de ovo, xelatina, taninos, bentonitas, terras de infusorios, etc) que, ao mesmo tempo que engloban as partículas en suspensión, fan máis fácil a filtración posterior.

Palabras veciñas

Claridad | claridade | clarificable | clarificación | clarificado -da | clarificador -ra | clarificante