claridade
(< lat claritāte)
-
s
f
Calidade de claro.
Ex: A claridade da mañá ilumina o val.
Sinónimos: clareza. Antónimos: escuridade. -
s
f
Efecto que causa a luz ao iluminar un espacio, que permite distinguir o que hai nel.
Ex: O teu cuarto non ten claridade ningunha.
Sinónimos: clareza. Antónimos: escuridade. -
s
f
Calidade daquilo que é doado de entender ou de discernir sen confusión nin dúbida.
Ex: A claridade de exposición do profesor fixo que toda a clase entendese o tema.
Sinónimos: clareza, nitidez. -
s
f
Capacidade de discernir ou de percibir distintamente e sen confusión.
Ex: Dende este curuto distingo con total claridade o faro do cabo Fisterra.
Sinónimos: clareza, nitidez. -
s
f
Maneira de falar abertamente.
Ex: Ten moitos inimigos porque sempre fala con claridade.
Sinónimos: clareza. -
s
f
[FÍS]
Sensación subxectiva do nivel de iluminación dun obxecto. En fotometría visual é a variable subxectiva que varía coa luminancia do obxecto: luminancias iguais producen a mesma claridade subxectiva.
Refráns
- Todo sexa claro, menos o caldo.
- ¡Deus nos dea claridade e non de caldo.