claridade

claridade

(< lat claritāte)

  1. s f

    Calidade de claro.

    Ex: A claridade da mañá ilumina o val.

    Sinónimos: clareza. Antónimos: escuridade.
  2. s f

    Efecto que causa a luz ao iluminar un espacio, que permite distinguir o que hai nel.

    Ex: O teu cuarto non ten claridade ningunha.

    Sinónimos: clareza. Antónimos: escuridade.
  3. s f

    Calidade daquilo que é doado de entender ou de discernir sen confusión nin dúbida.

    Ex: A claridade de exposición do profesor fixo que toda a clase entendese o tema.

    Sinónimos: clareza, nitidez.
  4. s f

    Capacidade de discernir ou de percibir distintamente e sen confusión.

    Ex: Dende este curuto distingo con total claridade o faro do cabo Fisterra.

    Sinónimos: clareza, nitidez.
  5. s f

    Maneira de falar abertamente.

    Ex: Ten moitos inimigos porque sempre fala con claridade.

    Sinónimos: clareza.
  6. s f [FÍS]

    Sensación subxectiva do nivel de iluminación dun obxecto. En fotometría visual é a variable subxectiva que varía coa luminancia do obxecto: luminancias iguais producen a mesma claridade subxectiva.

Refráns

  • Todo sexa claro, menos o caldo.
  • ¡Deus nos dea claridade e non de caldo.

Palabras veciñas

clarexar | clareza | Claridad | claridade | clarificable | clarificación | clarificado -da