"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • PERSOEIRO

    Monxe e humanista. Colaborou con Aldo Manuzio na edición de libros gregos. En Moscova, en 1515, revisou a tradución eslava dos libros litúrxicos bizantinos e conectou plenamente coa corrente de pobreza monástica propugnada por Nilo de Sora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame convocado polo Concello de Ferrol a partir de 1983. O fin foi o de constituír unha colección galega de gravado contemporáneo, conservada e incrementada despois de cada edición polo Arquivo Calcográfico Ferrolán. Non ten carácter anual e dos premios destaca o extraordinario para a especialidade de linóleo. As obras premiadas pasan a formar parte do Museo Municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (455). Participou na caída de Aecio e puido tomar parte no asasinato de Valentiniano III (455). Recoñecido como emperador, obrigou a Eudosia, viúva do emperador defunto, a casar con el. Fronte ao avance dos vándalos de Xenserico sobre Roma tentou fuxir pero foi capturado pola plebe, que o asasinou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Secretario do Emperador Heráclito. Coñecido como o Confesor, interveu contra os monofisitas e os monotelitas. Pola súa extrema ortodoxia desterrárono ao Cáucaso, onde finou. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome latino Maximus, ‘o fillo máis vello’ (de entre varios irmáns). A etimoloxía do nome está en maximus, superlativo irregular de magnus ‘grande’. Levaron este nome o emperador do Imperio Romano de Occidente (383-388), san Máximo de Xerusalén (s IV), que se celebra o 5 de maio; san Máximo Constantinopla o Confesor (580-662?), celebrado o 20 de agosto; e santa Macaria de Lisboa, que se celebra o 1 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Foi mestre de Donizetti, e compuxo oratorios, La Passione (1794) e Samuele (1821); e óperas, L’ amore coniugale (1805) e Medea in Corinto (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Coñecido como Simon Marius, estudiou astronomía con Tycho Brahe. En 1610 descubriu e bautizou, independentemente e pouco despois que Galileo, os catro satélites grandes de Xúpiter, e redescubriu a galaxia de Andrómeda (1612).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e banqueiro, fillo de Giovanni di Bici. Dedicouse ao comercio e ocupou cargos públicos e políticos importantes. Arrestado e confinado en Padua (1433), volveu ao ano seguinte a Florencia, onde, co apoio popular, enseñorouse da vida pública de Florencia e expulsou os seus inimigos. Como protector das artes e das letras, embeleceu a cidade con edificios notables e creou numerosas institucións culturais. Tamén favoreceu a agricultura, incrementou o comercio e fixo do seu banco unha das institucións financeiras máis importantes de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico neerlandés. Estudiou enxeñería física na Escola Técnica Superior de Delft. Traballou como enxeñeiro na compañía Philips e desde 1956 como investigador no CERN. En 1984 recibiu, xunto con Carlo Rubbia, o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento da técnica de arrefriamento de antiprotóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador relixioso neerlandés. En 1524 ordenouse sacerdote católico, pero o seu posterior achegamento á doutrina anabaptista levouno a abandonar o catolicismo. Os seus seguidores recibiron o nome de mennonitas. Escribiu Libro fundamental da doutrina redentora de Cristo (1539).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico dermatólogo. Foi director da Revista Médica Gallega, onde publicou numerosos artigos, como “Tratamiento del prurito de algunas dermatosis (Urticaia, escrófula, prurito de Hebra)” (1922), “Diagnóstico y tratamiento de la sarna” (1923), “El tratamiento de los sabañones” (1924) ou “El goneal en Venereología” (1925). Tamén escribiu algunhas monografías como Higiene y régimen en la sífilis y en la blenorragia (1926), El problema social de la sífilis (1928) e Algunhas consideraciones acerca del problema de la lepra en Galicia (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e guerrilleiro. Coñecido como o cura Merino, era reitor de Villoviado cando organizou unha guerrilla contra os franceses (1808). Despois da Batalla de Vitoria (1813) foi enviado a Catalunya. Acadou o grao de brigada e, en 1814, foi nomeado gobernador militar de Burgos. Absolutista intransixente, durante o Trienio Constitucional loitou contra o goberno liberal e mandou a vangarda dos Cen Mil Fillos de San Luís. Ao estalar a Primeira Guerra Carlista aliñouse ao lado de Carlos María Isidro de Borbón co que, en 1839 marchou a Francia pero foi confinado en Alençon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Madrid 1809 - València 1865) Relixiosa. Fundou a congregación de monxas adoratrices ou escravas do Santísimo Sacramento e da Caridade. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número mil nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das mil partes en que se divide un todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa por orde o lugar número un millón nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das millóns de partes iguais en que se divide unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar mil millóns nunha serie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comedia curta festiva e realista do teatro grego e latino. Acostumaba ter poucas escenas e poucos personaxes e non había intervención do coro. A estrutura posiblemente foi creada por Sofrón de Siracusa (s V a C). O carácter satírico que tiña entre os gregos converteuse en grotesco cos romanos. Representaba sátiras políticas, relixiosas, de costumes ou parodias literarias, con acompañamento de canto. Substituíuse posteriormente, en gran parte, pola pantomima, aínda que perviviu como unha peza de complemento.

    2. Representación teatral en que o actor emprega principalmente os acenos e os movementos corporais.

    3. Actor que representa pezas teatrais mediante a arte da mímica.

    4. Persoa que imita os xestos e as actitudes de outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que realizaba mimos na literatura clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben diversas especies da familia das mimosáceas, que se cultivan a miúdo como plantas ornamentais.

    2. Arbusto perennifolio, monoico, de ata 15 m de altura, follas compostas, bipinnadas, cun gran número de folíolos un pouco pubescentes, flores hermafroditas de cor amarela formando cabezolas globosas que ao mesmo tempo se agrupan en inflorescencias en panícula e froito en legume oblongo. Florece ao final do inverno e principios da primavera a partir de xaneiro ou febreiro en bordos de camiños ou lindeiros de bosques. Habita de forma natural en toda Australia, excepto ao N, incluída a illa de Tasmania. Nalgunhas zonas da Península Ibérica, especialmente en Galicia, naturalizouse o que pode resultar ás veces unha praga, dado o seu carácter invasor, xa que despraza a vexetación natural, sobre todo despois dos incendios.

    3. Árbore ou arbusto caducifolio, de ata 45 m de altura, aínda que normalmente non supera os 25 m, que presenta espiñas vermellas no seu tronco e pólas, follas alternas, pecioladas, pinnadas ou bipinnadas nos exemplares novos, flores unisexuais ou hermafroditas de pequeno tamaño e cor verde-amarelada, dispostas en acios axilares, e froito en legume de gran tamaño. Florece entre abril e maio en bordos de camiños ou soutos. Emprégase como planta ornamental en parques e xardíns. En Galicia pódense observar exemplares no Campus universitario de Santiago de Compostela e na illa de San Simón, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, plantas leñosas ou excepcionalmente herbáceas, da familia das mimosáceas, que presentan as follas opostas e as flores regulares e de estames libres. Consta dunhas 400 especies, a maioría delas americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO