Máximo Ramos, Premio Internacional de Gravado
Máximo Ramos, Premio Internacional de Gravado
Certame convocado polo Concello de Ferrol a partir de 1983. O fin foi o de constituír unha colección galega de gravado contemporáneo, conservada e incrementada despois de cada edición polo Arquivo Calcográfico Ferrolán. Non ten carácter anual e dos premios destaca o extraordinario para a especialidade de linóleo. As obras premiadas pasan a formar parte do Museo Municipal.