"Ivo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 721.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Ferrol a partir do 4 de xullo de 1920. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Correo Gallego. Incluía, ademais de información deportiva, algunha sección literaria.
-
-
Relativo ou pertencente á festa.
-
Que é alegre ou divertido.
-
Aplícase a unha duración determinada de tempo na que non se traballa por motivo dunha festa tanto civil como relixiosa.
-
-
-
Que representa unha cousa.
-
-
Aplícase á arte que se expresa mediante a representación ou interpretación de realidades externas e concretas, en oposición á arte abstracta.
-
Aplícase ao artista que practica esta arte.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fixa ou serve para fixar.
-
-
Relativo ou pertencente á flexión.
-
-
Que ten flexión.
-
lingua flexiva
Cada unha das linguas que se caracterizan pola flexión. Desde o punto de vista do grao de fusión das compoñentes morfolóxicas, as linguas flexivas opóñense ás aglutinantes e ás illantes. Tamén se denominan linguas amalgamantes, formantes ou sintéticas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que forma ou serve para formar.
-
-
Que produce emisión fotoelectrónica ou fotoemisión.
-
fotoemisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para expresar a repetición frecuente dunha acción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se articula mediante un estreitamento dos órganos bucais ata tal punto que o aire aspirado flúe con turbulencias, isto é, facendo ruídos de frición. En galego son fonemas fricativos /f/, / "Stone Sans PhoneticIPA" >ɵ /, /s/ e / "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ /.
-
-
Calidade de frívolo.
-
Acto ou feito frívolo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encaixe que se fai á man cunha ou dúas lanzadeiras e un gancho.
-
-
Que ten pouca seriedade ou pouca importancia.
-
Que ou quen fai cousas sen importancia, pouco serias ou que actúa con lixeireza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa fruición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que se alimenta de froitas vexetais.
-
-
Que absorbe o fume.
-
Aplícase aos fornos e ás chemineas de disposición especial para completar a combustión sen que se desprenda fume.
-
Aparato ou dispositivo colocado dentro do tubo da cheminea para activar o tiro e evitar a formación de fume.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos termos que, en glosemática, interveñen nunha función. As funcións tamén poden ser functivos porque pode haber funcións de funcións.
-
-
Que se fai ás escondidas.
-
Que ou quen actúa de forma ilegal.
-
-
-
Que ou quen fuxiu ou escapou dalgún lugar.
-
Que pasa con rapidez.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
gaivota tridáctila [port: gaivota-tridactila; cast: gaviota tridáctila; ingl: kittiwake] [Rissa tridactyla, Fam dos láridos]
Ave de 30 cm de longo, de aspecto menos robusto ca outras gaivotas do xénero Larus, co dorso gris claro e cunha franxa negra dende o extremo das ás, ventre, ás e cola brancos cunha franxa negra no extremo da cola lixeiramente gallada. Peteiro fino amarelo e patas negras. Cría en colonias nas beiras dos cantís. É a especie máis peláxica das nidificantes en Galicia. As colonias de cría en Galicia, nas illas Sisargas e Cabo Vilán, chegaron en anos recentes a sumar unhas 200 parellas, sendo unha especie que presenta nestas latitudes grandes oscilacións nas súas poboacións, polo que se estima que na actualidade hai unhas 50-60 parellas nidificantes. Estas dúas localidades, xunto coas illas Berlengas, son as únicas colonias de cría ibéricas.
-
Ave mariña da familia Laridae de entre 30 e 71 cm de lonxitude. Xeralmente de tons cincentos no dorso e brancos no ventre nos adultos, sen aparente dimorfismo sexual e que acadan a plumaxe adulta aos 3 ou 4 anos; nos máis novos e inmaduros a plumaxe é habitualmente parda. Son especies de hábitos costeiros coa excepción da gaivota tridáctila. A maior parte das especies realizan movementos de dispersión dende as áreas de cría. A maior parte das especies son moi adaptables á actividade humana, polo que resulta habitual o aproveitamento dos recursos humanos, tanto para a alimentación como para a nidificación.
-
gaivota biquistreita [cast: gaviota picofina; ingl: slender-billed gull] [Larus genei, Fam dos láridos]
Ave de 40 cm de lonxitude, nidificante en pequeno número no Mediterráneo, similar a L. ridibundus; nos adultos non presenta a cabeza negra no verán, bico longo e estreito, nos máis novos patas claras e unha soa mancha auricular. En Galicia é visitante ocasional.
-
gaivota cabecinegra [port: gaivota-de-cabeça-preta; cast: gaviota cabecinegra; ingl: mediterranean gull] [Larus melanocephalus, Fam dos láridos]
Ave de 39 cm. Nos adultos presenta un dorso gris claro, cola e puntas das ás brancas, cabeza negra no verán, e cun antiface negro no inverno, peteiro e patas encarnadas. Os máis novos posúen dorso escuro, listado de branco, e patas e peteiro negros. A súa presenza é invernal, e aumenta o número en Galicia.
-
gaivota chorona [port: guincho; cast: gaviota reidora, gaviota común; ingl: black-headed gull] [Larus ridibundus, Fam dos láridos]
Ave de 36 cm de lonxitude, gris pálido, uniforme polo dorso, bordo exterior das ás branco, patas e peteiro vermellos, cabeza marrón no verán, e branca con dúas manchas escuras no inverno, nidificante colonial máis habitual en augas interiores. A presenza desta gaivota en Galicia é fundamentalmente invernal e no período posreprodutor. A presenza estival da especie en humidais do interior non é rara, aínda que non se pode constatar ata o momento a súa reprodución.
-
gaivota escura [port: gaivota-de-asas-escuras; cast: gaviota sombría; ingl: lesser black-backed gull] [Larus fuscus, Fam dos láridos]
Gaivota de 52 cm de longo, con dorso e ás escuros, cabeza, ventre e cola brancos, e patas rosas. Os máis novos e inmaduros son moi semellantes aos de L. Cachinnans. Especie que nidifica en colonias, en Galicia é menos abundante cá gaivota patimarela. Ten a súa principal colonia de cría nas illas Sisargas.
-
gaivota gallada [cast: gaviota de Dabine; ingl: Sabine’s gull] [Larus sabini, Fam dos láridos]
Ave de 33 cm de lonxitude, de paso ou invernante nas costas galegas, xeralmente afastada da costa. Presenta un aspecto esvelto, no que destaca a cola gallada co extremo negro en individuos novos e inmaduros, dorso gris, máis escuro nos novos, ás brancas con franxa alar negra debuxando un deseño en M, peteiro e patas escuras coa punta do peteiro amarela nos adultos. A parte superior da cabeza e o pescozo gris escuro nos adultos en inverno e cabeza tirando a negra no verán.
-
gaivota papoia [port: gaivota-parda; cast: gaviota cana; ingl: common gull] [Larus canus, Fam dos láridos]
Ave cunha lonxitude de 43 cm; cría en colonias ao N de Europa, na costa e nos humedais do interior. Nos adultos ten dorso gris, punta das ás negras cunha mouta branca no bordo das ás, cola e partes inferiores brancas. Peteiro amarelo e patas verdosas. Nos máis novos e inmaduros o bordo da cola é negro, e as patas e peteiro rosas coa punta negra. É invernante e de escasa presenza en Galicia.
-
gaivota patiamarela [Larus cachinnans, Fam dos láridos]
Gaivota de 54 cm de longo, co corpo robusto, dorso e ás gris claro, coas puntas das ás negras, cabeza, ventre e cola brancas, patas amarelas, e peteiro amarelo cunhan mouta vermella na punta. As máis novas e inmaduras son pardas tirando a negro, e adquiren progresivamente tons brancos e grises. Especie nidificante en colonias, amplamente distribuída por cantís da costa de Galicia, que ten nas illas das Rías Baixas a maior colonia de cría do mundo con máis de 25.000 parellas. A súa adaptación á actividade antrópica fai que existan colonias de cría urbanas, con cerca de 1.000 parellas nas cidades da Coruña e Vigo. Recentemente, constatouse a súa nidificación na comarca da Limia.
-
...
-
gaivota tridáctila [port: gaivota-tridactila; cast: gaviota tridáctila; ingl: kittiwake] [Rissa tridactyla, Fam dos láridos]
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na primavera de 1989 en Oleiros. Subtitulouse “Revista do centro de formación e emprego do concello de Oleiros. Fundación municipal de Cultura”. Trátase do voceiro do devandito centro, no que se tenta ofrecer información sobre emprego, drogas, ou marxinación social.
VER O DETALLE DO TERMO