flexivo -va
flexivo -va
(< flexión)
-
adx
Relativo ou pertencente á flexión.
Sinónimos: flexional. -
[LING]
-
adx
Que ten flexión.
Ex: Hoxe estudiamos os morfemas flexivos dos verbos.
Sinónimos: flexional. -
lingua flexiva
Cada unha das linguas que se caracterizan pola flexión. Desde o punto de vista do grao de fusión das compoñentes morfolóxicas, as linguas flexivas opóñense ás aglutinantes e ás illantes. Tamén se denominan linguas amalgamantes, formantes ou sintéticas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
adx