flexión
(< lat flexĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de dobrar ou dobrarse.
-
s
f
[DEP]
Exercicio ximnástico que consiste na extensión e repregamento dalgunha articulación co obxectivo de traballar a musculatura que interven nese movemento.
-
s
f
[XEOL]
Dobramento de capas alongado en dirección do plano do accidente tectónico, sen producir ruptura, de tal maneira que un costado dunha liña estivo fundido e outro levantado.
-
s
f
[FÍS]
-
Acción á que se somete un corpo elástico, como pode ser unha barra, unha viga ou un eixe, que se dobra polo efecto do seu peso ou de cargas externas. A flexión produce, no corpo sobre o que actúa, unha curvatura que, segundo a teoría de Bernoulli e de Euler, é proporcional ao momento flector e ao momento de inercia da sección transversal do corpo, onde o factor de proporcionalidade é o módulo de Young. Se o corpo está fixado a un cabo, o momento flector compénsase por un momento resistente ao cabo fixo. Segundo a teoría da flexión de vigas grosas formulada por Coulomb, a extensión dunha fibra lonxitudinal que está a unha distancia y da fibra neutra é Cy, onde C é a curvatura da fibra neutra na mesma sección. Estas teorías son certas só se se supón que a sección transversal permanece plana na flexión. No caso de grandes deformacións, a teoría de L. G. Brazier dá unha relación entre o momento de flexión e a curvatura.
-
Dobramento dun corpo flexible baixo a acción de forzas externas ou do seu propio peso.
-
-
s
f
[LING]
ariación paradigmática que, nas linguas flexionais, afecta á forma de determinadas palabras para marcar a súa función e as relacións que manteñen con outras palabras copresentes no enunciado. Xeralmente a flexión maniféstase mediante uns morfemas chamados desinencias que se engaden á raíz da palabra (flexión radical) ou ao seu tema (flexión temática), ou ben mediante variacións formais no interior da palabra, sen engadir desinencias (flexión interna). Cando unha forma concreta dun paradigma carece de signo de flexión, fronte ás restantes que si a posúen, dise que presenta flexión cero (rapaz vs rapaza, rapaces, rapazas). Adóitase chamar declinación á flexión nominal e conxugación á flexión verbal.
-
ensaio de flexión
[TECNOL]
Ensaio ao que se somete unha viga para calcular a frecha producida por unha carga determinada.
-
flexión uterina
[FISIOL]
Inclinación do corpo do útero respecto ao colo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].