"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Como poeta romántico desenvolveu os temas do amor, da patria e da morriña. Tamén escribiu obras de teatro e novelas. Da súa produción destaca Das Marmorbild (A estatua de mármore, 1815), Aus dem Leben eines Taugenichts (Episodios da vida dun folgazán, 1826) e Schloss Durande (O castelo de Durande, 1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Desenvolveu a súa actividade artística en Marín. Autodidacta, cultivou a paisaxe, xeralmente ao óleo, e o bodegón. Nas súas mariñas e paisaxes dominan os grises e azuis degradados. As súas primeiras obras caracterizáronse polo debuxo académico, que posteriormente deixou paso á abstracción con manchas que compoñen campos de cor que sintetizan a natureza que desexa plasmar. Mostrou a súa obra por primeira vez nunha exposición colectiva en Pontevedra (1966), e con posterioridade realizou exposición individuais, entre outras cidades, en Pontevedra, Santiago de Compostela e Ourense, e participou noutras colectivas, como na Bienal de Arte de Pontevedra (1972), na mostra Joven Pintura Gallega na televisión uruguaia, na Segunda Trienal Nacional de Pintura de Santiago de Compostela e na Euroamericana Galleries de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Fina Eiros, formouse na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo e na Escola Superior de Disseny i Art Eina da Universitat Autónoma de Barcelona (1989-1997). Ampliou a súa formación coas bolsas da Fundación Unión Fenosa (1996 e 1998) e coa do Oxford Centre for Galician Studies (1994-1995). A súa obra evolucionou dende os modelos figurativos ata unha pintura paisaxística e experimental que a levou a unha abstracción formal e un colorido desbordante. Da súa produción destacan as series Terra Incógnita e Antártica. Participou, entre outras mostras colectivas, na Semana Blava. Eina (1993 e 1994), no XIII Certame de Pintura Concello de Cambre (1996), no IV Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (1998), na II Convocatoria de Pintura da Fundación Nelson Zumel (1998), no Certame de Pintura Galería Burela (1998-2000) e no X Concurso de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos, 2000). Realizou exposicións individuais na Coruña, Meira, Lugo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse con José Aparicio en Madrid. Presentouse ás pensións da Real Academia de San Fernando pero foi rexeitado. Dende entón gozou da protección do duque de Osuna e do embaixador inglés en Madrid. Da súa produción artística destaca La familia de Cayetano Fuentes (1737), La plaza de toros de Madrid en un día de corrida (1841?), Vaqueros con su ganado (1843) e Torada en La Muñoza. Foi membro de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político, marqués do Pazo da Mercé. Iniciou a súa carreira profesional en Asturias, onde dirixiu as obras do ferrocarril de Langreo, sobre as que publicou a memoria Ferrocarril de Langreo (1846). En 1854 coñeceu a Cánovas, quen o introduciu no eido da política. En 1855 trasladouse a Vigo, cidade pola que foi deputado a Cortes en 1857, cargo que repetiu por Pontevedra en 1864. Nese mesmo ano foi subsecretario do ministro de Gobernación, carteira que ocupaba Cánovas. O’Donnell nomeouno conselleiro de Estado en 1866 e en 1872 foi ministro de Facenda. En 1874 foi elixido para viaxar a Sandhurts e acompañar o Rei Afonso XII na súa entrada en España. Na Restauración foi gobernador civil de Madrid, ministro de Estado en tres ocasións e de Gobernación e de Ultramar dúas veces. En 1878 nomeárono senador vitalicio e presidente da Cámara Alta ata a súa morte. Ocupou tamén, entre outros cargos, o de director do Banco de España. Promoveu a construción das liñas férreas Vigo-Ourense,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Os seus primeiros traballos en Galicia realizounos en Ferrol. En 1766 contratou co cabido da catedral de Lugo a reconstrución da capela maior (1766-1767) e, entre 1769 e 1775, encargouse da reconstrución da fachada seguindo os planos de Julián Sánchez Bort. Realizou tamén nove casas para os Capeláns de Vela da catedral. Na Coruña participou na taxa do Real Consulado (1785), foi aprovisionador da obra da Torre de Hércules (1788), realizou obras de empedrado nas rúas da cidade, e en 1790 inspeccionou, con Fernando Domínguez Romay, o Real Consulado. Foi empresario teatral e propietario da Casa de Comedias de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe beneditino dende 1705. Ocupou, entre outros cargos, o de mestre de obras e prior maior de San Martiño Pinario e o de prior de Barosa, Cambre, Santo Antonio e Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Exteriores no goberno de Batlle e presidente do Senado. Elixido presidente da República en 1873, depúxoo un golpe de estado en xaneiro de 1875. Reelixido en 1892, renunciou inmediatamente ao cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador portugués. Doutor en Historia (1984) e profesor catedrático na Universidade de Coimbra desde 1991, especializouse en museoloxía, arqueoloxía e epigrafía romana. Director do Ficheiro Epigráfico e secretario de redacción da revista Conimbriga. Colaborou, entre outras publicacións, en Revista de Guimarães, Archivo Español de Arqueología, Veleia, Espacio, Tempo e Forma e Studia Historica. Entre as súas obras destacan Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Subsídios para o seu estudo (1975), Inscrições romanas do Conventus Pacensis. Subsídios para o Estado da Romanização (1984), Introdução ao estudo da epigrafía latina (1987), Roteiro epigráfico romano de Cascais (1994), Para uma história da água no concelho de Cascais (1995) e Estudos sobre epigrafia (1998). Pertenceu á Associação dos Arqueólogos Portugueses, á Associação Portuguesa de Museologia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Desenvolveu o seu labor xornalístico no Jornal do Comércio, na Gazeta do Porto e no Correio da Noite. Foi director de O País e fundou en 1887 O Dia. Como político, foi ministro de Mariña e do Ultramar e comisario real en Moçambique (1891-1896), onde realizou un labor de modernización na administración colonial. En 1896 ocupou o posto de ministro de Portugal en Brasil. Entre as súas obras destacan A Irmã de Caridade e Caminho errado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Pertenceu a un grupo de poetas chamado The Movement, que se caracterizaba pola súa liña irónica e a concisión das súas obras. Da súa produción destaca Season Ticket (1948), The Terrible Shears (1973) e A Faust Book (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Estudiou nas universidades de California e Johns Hopkins de Baltimore e foi profesor nas de Wisconsin (1906), Washington (1910) e Johns Hopkins (1946). Especializouse no estudo da presión arterial, das patoloxías do corazón e sobre todo do sistema nervioso central. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía que compartiu con Herbert S. Gasser polos seus descubrimentos sobre a especificidade das funcións das fibras nerviosas. Publicou, en colaboración con H. S. Gasser, Electrical signs of nervous activity (Signos eléctricos da actividade nerviosa, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Escola de Belas Artes Decorativas António Arroio e na Escola de Belas-Artes de Lisboa a comezos dos anos cincuenta. Pertenceu, entre outros grupos artísticos, ao Grupo do Café Gelo, e foi un dos fundadores do Movemento Renovador de Arte Religiosa (MRAR). No ano 1959 acadou unha das bolsas da Fundação Gulbenkian e instalouse en París, onde formou parte do grupo vangardista KWY. Con el expuxo nas principais capitais europeas baixo as propostas de reflexión abstracta sobre obxectos extraídos da realidade que se converteron en formas indefinidas, entre as que destaca a serie Recortes, dotada de simbolismo. A partir dos anos setenta retornou a unha pintura figurativa na que perdura o valor simbólico e o cromatismo da súa obra anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Chegou á presidencia de El Salvador (1903-1907) avalado polo home forte do momento, o xeneral Tomás Regalado. Liquidou a débeda Burrel cos EE UU. Despois da morte do xeneral, asinou a paz con Guatemala o 20 de xullo de 1906.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Foi un dos creadores do personaxe Joan Milhomes en 1938, de debuxos animados. Colaborou nas publicacións En Patufet, Virolet, L’Esquella de la Torratxa, TBO, Gutiérrez e Pulgarcito, onde creou, entre outros personaxes, a Carpanta, Zipi e Zape e Petra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Realizou en Zaragoza os estudios eclesiásticos e de dereito e ordenouse sacerdote en 1925. Foi profesor de ética e filosofía na Escuela de Periodismo de Madrid e de dereito romano nas universidades de Zaragoza e Madrid. O 2 de outubro de 1928 fundou o Opus Dei, que pronto comezou a súa expansión (Portugal 1935, Francia 1940). A doutrina do seu movemento, que fundara co “fin de difundir, en todos os ambientes da sociedade, unha toma de conciencia da chamada universal á santidade e ao apostolado na vida ordinaria e, máis especificamente, no exercicio do propio traballo profesional”, deixouna recollida na súa obra Camino, publicada en 1934 co título Consideraciones Espirituales. Establecido en Roma, participou activamente na vida da Igrexa: membro da Pontificia Academia Romana de Teoloxía, foi nomeado Prelado de Honor da Súa Santidade e consultor na Comisión Pontificia para a Interpretación do Dereito Canónico e na Sagrada Congregación para a Educación Cristiá....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político venezolano. Dirixiu xunto con Manuel Gual o primeiro movemento independentista venezolano (1797) e tralo fracaso tivo que fuxir do país. Ao seu regreso (1799) foi capturado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, xornalista e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Zaragoza, exerceu en Logroño ata 1851, data na que se trasladou a París para ampliar os seus estudios. Militante progresista, foi secretario da embaixada española en París durante o Bienio Progresista. Retornou a España e traballou na redacción do xornal Las Novedades. En 1860 viaxou a Italia como correspondente de guerra. En 1869 elixírono deputado polo distrito de Albacete, e en 1871 senador por esta mesma provincia. En 1881 foi senador por Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid (1907). Combinou o modernismo e o rexionalismo coas achegas do neomudéxar. Entre as súas obras sobresae o Hotel Alfonso XIII de Sevilla (1916-1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Discípulo de Alberto Lista, foi un dos representantes do romanticismo español. De tendencias liberais, despois da execución de Riego (1823) fundou, xunto con Patricio de la Escosura e outros, a sociedade secreta Los Numantinos, feito polo que o confinaron nun convento de Guadalajara. Recobrada a liberdade, fuxiu a Lisboa e despois a Londres, onde participou nas actividades políticas dos exiliados. En 1830 viviu as xornadas de xullo en París e pasou os Pireneos coa fallida expedición de Chapalangarra. Volveu a Londres e, amnistiado, dirixiuse a Madrid, onde ingresou na garda real. Así mesmo, foi secretario da legación diplomática na Haia e deputado a Cortes en Almería. As súas actividades revolucionarias recluírono en Cuéllar -onde escribiu a novela histórica Sancho Saldaña (1834)-, máis tarde en Badajoz e, ao rebelarse contra o goberno de Toreno (1835), tivo que esconderse. Prolífico articulista, cofundou o xornal El Pensamiento e colaborou con asiduidade na...

    VER O DETALLE DO TERMO