Elejalde, José
Elejalde, José
Mestre de obras. Os seus primeiros traballos en Galicia realizounos en Ferrol. En 1766 contratou co cabido da catedral de Lugo a reconstrución da capela maior (1766-1767) e, entre 1769 e 1775, encargouse da reconstrución da fachada seguindo os planos de Julián Sánchez Bort. Realizou tamén nove casas para os Capeláns de Vela da catedral. Na Coruña participou na taxa do Real Consulado (1785), foi aprovisionador da obra da Torre de Hércules (1788), realizou obras de empedrado nas rúas da cidade, e en 1790 inspeccionou, con Fernando Domínguez Romay, o Real Consulado. Foi empresario teatral e propietario da Casa de Comedias de Santiago de Compostela.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Ildefonso, Segovia