"MIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 424.
-
-
Relativo ou pertencente aos rustemitas.
-
Membro da dinastía kharixita fundada por ‘Abd al-Rahmān ibn Rustum arredor da cidade de Tāhert, que construíu (761-908). A dinastía foi destruída polos bérberes kutama, de crenzas xiítas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo análogo a unha báscula biestable pero comandado por unha tensión alterna exterior, de xeito que a saída ten unha onda rectangular da mesma frecuencia que a tensión de entrada, independentemente da forma de onda desta. Denomínase tamén disparador de Schmitt.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Discípulo de J. Massenet e G. U. Fauré, foi director do Conservatorio de Lyon desde 1922 e presidente da Société Nationale de Musique (1938). Da súa produción destacan a cantata Semiramis, o ballet La tragédie de Salomé (1910) e a Symphonie concertante, para piano e orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Italo Svevo, foi o pioneiro da novela psicolóxica e un dos primeiros en utilizar as teorías de S. Freud. Destacan Una vita (1892), Senitilità (1898), La conscienza di Zeno (1923), La novella del buon vecchio e della bella fanciulla (1929) e Corto viaggio sentimentale (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos semitas ou á súa lingua.
-
Individuo dos pobos semitas.
-
Pobos que constituíron unha unidade étnico-lingüística e ocuparon unha rexión limitada ao N polo Tauro e o Antitauro, ao S polo Océano Índico e o mar de Arabia, ao L polo altiplano iránico e ao O polo Mar Vermello e o Mediterráneo. O termo foi empregado por primeira vez por A. L. Schlözer en 1781 para designar un grupo de linguas (arameo, hebreo, árabe e fenicio) faladas por pobos que un pasado bíblico (Xénese) facía, na súa maioría, descendentes de Sem, fillo de Noé. É imposible establecer cal é o primitivo pobo semítico e o lugar onde vivía. Desde o punto de vista relixioso pódese descubrir un pasado común nalgúns trazos, sobre todo o nome de Deus (El) e a pervivencia de formas culturais propias do primitivo nomadismo como as festividades (Pascua, Pentecoste), os santuarios ao aire libre a carón de árbores ou as fontes ou pedras sagradas. Historicamente destacan os asentamentos acadio en Mesopotamia e amorreo en Siria e en Babilonia no V e III milenio a C, respectivamente. Os...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao músculo da parte posterior e interna da coxa.
-
-
Relativo ou pertencente aos semitas ou ás linguas semíticas.
-
Familia de linguas do phylum afroasiático que falan os pobos semitas. Segundo criterios xeográficos, divídense en: semítico nororiental, semítico noroccidental e semítico suroccidental. O acadio é o único representante do grupo nororiental. Ao grupo noroccidental corresponden o amorreo, o ugarítico, o cananeo do que se excindirán o hebreo, o fenicio, o púnico e o moabita, e o arameo. O grupo suroccidental divídese en tres ramas: o árabe, as linguas meridionais e as linguas etíopes, este último substituído por un gran número de linguas semíticas modernas como o tigré ou tigriña, o amhárico e o gurage. Aínda que a maioría das antigas linguas semíticas desapareceron, a área xeográfica que ocuparon domínaa hoxe maioritariamente o árabe, que, coa aparición e expansión do Islam, foi a que máis se difundiu. As súas principais características son a gran variedade e o número de consoantes e os sistemas de tres vogais. O sistema morfolóxico baséase nas denominadas “raíces”, consonánticas...
-
-
-
Conxunto das doutrinas, institucións e costumes dos pobos semitas.
-
-
Palabra ou modo de falar propio das linguas semíticas.
-
Palabra ou expresión procedente destas linguas que se emprega noutras.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista na lingua e cultura dos pobos semitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas partes en que se divide o intervalo dun ton. Pode ser diatónico e equivalente a unha segunda menor cando está formado por dúas notas de nome diferente ou cromático cando as dúas notas que o forman teñen o mesmo nome.
-
-
Que é case transparente.
-
Lámina que, por medio dun depósito de prata nunha das superficies, reflite parte da luz que lle chega e deixa pasar o resto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento sintético para a preparación de aneis ciclopropánicos, que foi introducido no ano 1959 por H.E. Simmons e R.D. Smith e que consiste no tratamento dunha olefina disolta en éter con diiodometano en presenza do par metálico cinc-cobre.
-
PERSOEIRO
Economista escocés. Punto de partida da escola clásica, escribiu Inquiry Into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776). A obra componse de cinco libros. O primeiro comeza coa división do traballo e continúa cos problemas do valor e o prezo. Non estableceu con claridade teoría ningunha de valor, senón que examinou as diversas partes do prezo das mercadorías, é dicir, os salarios, os beneficios e a renda da terra. O prezo fórmase no mercado, que tende a un equilibrio automático, entre demanda e oferta. É o que quere ilustrar a imaxe da man invisible. O segundo libro estuda a natureza e o proceso de acumulación do capital. A finalidade deste é conservar e aumentar o stock de bens que serven para o consumo inmediato da poboación. O traballo anual dun país é o fondo que lle proporcionan estes bens; distingue un traballo produtivo, que dá lugar a mercadorías físicas, e un traballo improdutivo, que non ten esta característica. O libro terceiro, de contido histórico,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. En 1933 construíu as primeiras esculturas de ferro soldado baixo a influencia de Picasso e J.González. Das obras de tendencia social (1937-1940), pasou a traballar estruturas primarias. Fixo grandes cubos de aceiro inoxidable e esculturas de ferro de dimensións urbanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante de jazz. Coñecida como Bessie Smith, en 1928 formou o seu propio conxunto, Midnight Steppers. Considerada a intérprete de blues máis destacada do período clásico do jazz, colaborou con J. P. Johnson, L. Armstrong e F. Henderson.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica canadense. Coñecida como Mary Pickford, fundou en 1919, xunto con Charles Chaplin, David W. Griffith e Douglas Fairbanks, a produtora United Artists. Foi protagonista de diversos filmes, como The Little Teacher (1909), Coquette (1929), pola que recibiu un Oscar; e Secrets (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Microbiólogo. Estudou medicina nas universidades de Illinois, California e Johns Hopkins, e foi profesor das universidades de Michigan e Johns Hopkins. En 1978 recibiu, xunto W. Arber e D. Nathans, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos traballos sobre os enzimas de restrición e as súas aplicacións nos problemas de xenética molecular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político zimbabwés. En 1965 proclamou unilateralmente a independencia de Rhodesia. Implantou un réxime de segregación racial que provocou o illamento internacional de Rhodesia e unha sanguenta guerra de guerrillas. Despois das eleccións libres de 1980, foi membro do Parlamento, ata que en 1987 foi suspendido como parlamentario pola súa posición a favor do apartheid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fundador da igrexa mormona. Escribiu o Book of Mormon (1830), que contiña unha historia de América desde a súa colonización por xudeus da época da torre de Babel ata a predicación do Evanxeo polo mesmo Xesús Cristo resucitado e a transcrición destes feitos polo profeta Mormón ao redor de 385. Organizou unha igrexa que espera a aparición da Nova Xerusalén en Kirtland (Ohio). Perseguido e expulsado, estableceuse cos seus seguidores en Nauvoo (Illinois) en 1840. Foi aprisionado, co seu irmán, e linchado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Julianne Moore, da súa filmografía destacan Jurassic Park (1997), The Great Lebowski (1998), Hannibal (2001), Far from Heaven (2002), coa que gañou a Copa Volpi da Mostra de Venecia, The Hours (2002), coa que foi premiada pola súa interpretación na Berlinale, e The Forgotten (2004).
VER O DETALLE DO TERMO