"Nande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 594.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Iniciador da saga familiar dos Fernández Villaverde, que representou o distrito de Pontecaldelas durante toda a segunda metade do s XIX. Foi gobernador da provincia de Pontevedra (1835-1836) e organizou a persecución dos carlistas. Foi deputado pola provincia de Pontevedra nas lexislaturas 1837-1839, 1840-1841 e 1844-1846, e por Pontecaldelas en catro lexislaturas entre 1846 e 1854.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Marqués de Pozo Rubio. Afiliado ao Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Caldas entre 1872 e 1873, e polo de Pontecaldelas practicamente sen interrupción entre 1876 e 1905. Desde 1885 ocupou numerosos cargos como ministro da Gobernación (1885 e 1891), ministro de Gracia e Xustiza (1890-1891), ministro de Facenda (1899 e 1902) e presidente do consello de ministros (1902 e 1905). Empregou unha política de saneamento financeiro despois do desastre colonial de 1898, mediante a lei de presupostos de 1899-1900, que motivou críticas e disturbios en diversas cidades españolas. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da Real Academia de Jurisprudencia, que tamén presidiu, e da Real Academia Española de la Lengua.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista e realizador cinematográfico. Comezou a súa relación co cine no Cineclub Aldebarán. En 1977 realizou a súa primera película, A Semente (Super 8) e, posteriormente, formou parte do Grupo Imaxe, co que realizou varios filmes, como Malapata (1980), de C. López Piñeiro. En1983, xunto con outros socios, fundou Video Trama, unha empresa dedicada á produción publicitaria e de vídeos, entre os que destacan Rock, Rock (1983), Pánico en las Falkland (1983), Veneno Puro (1984), Viuda Gómez (1985) e Sexo Macumba (1985). En 1987, xunto co produtor Pancho Casal, fundou Villaverde Asociados que, máis adiante, se converteu en Continental Produciones S A. Con esta empresa puxo en marcha o proxecto do que foi a súa primeira longametraxe, Continental (1989), unha das primeiras producións do cine galego comercial. En 1998 realizou a súa seguinte película, Fisterra. Onde remata o mundo, na que pretendía facer unha reflexión sobre o baleiro ideolóxico das novas xeracións e sobre a ausencia da figura...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou en Cuba (1895-1898) e en Marrocos, onde en 1920, ascendido a xeneral e a axudante de campo do Rei Afonso XIII, intentou unha penetración cara ao interior, coñecida como a Desfeita de Annual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De posible orixe alemana, en 1496 estaba en Córdoba e en 1508 trasladouse a Sevilla, onde pintou o retablo de Maese Rodrigo de Santaella na universidade, o de Nicolás Durango na catedral (1509-1513), La Virgen de la Rosa en Santa Ana e La Virgen de los Navegantes no Archivo de Indias. O seu estilo, de composición e formas góticas, introduciu en Andalucía o renacemento, de fortes influencias centroeuropeas. O seu irmán Jorge Fernández Alemán , activo entre 1505 e 1526, traballou no retablo da catedral de Toledo e na decoración escultórica do retablo maior da catedral de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e dramaturgo. Coñecido como Nan de Allariz, emigrou a La Habana onde viviu moitos anos e foi articulista en Galicia, Follas Novas e Suevia, con artigos como “Arte dramático gallego” (1897), “Cartas d’a terra”(1902) ou “Fiesta simpática” (1902). Foi un dos máis notables representantes da creación dramática e teatral de corte rexionalista que triunfou nos escenarios de Galicia, Cuba e Arxentina entre finais do s XIX e o primeiro cuarto do s XX. Como narrador escribiu Del salón al sotabanco (1920) e como poeta Fume de palla (1909) e A golpes de hacha (1913). Da súa produción dramática destaca Recordos d’un vello gaiteiro. Monólogo en verso gallego (1904), O zoqueiro de Vilaboa. Boceto de zarzuela gallega n’un acto e tres cuadros (1907), Loitas da ialma. Cadro dramático, Airiños levaime á ela!, Foiche boa a festa e O vello e o sapo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Doutorado en Dereito Civil e Eclesiástico, ocupou en 1792 a praza de substituto da cátedra de Institucións Canónicas e en 1807 foi elixido catedrático substituto de Historia Eclesiástica. Foi autor de Ideas que para la perpetua solidez del magnífico Edificio de la Livertad [sic] de España inventa y coloca por su orden el Dr Andrés Fernández (1810), Manifiesto por la buena fé del pueblo de Iria Flavia, en la causa que expresa el Dr Andrés Fernández (1811) e Idea que al juicio de la Nación presenta sobre contribuciones el Dr Andrés Fernández (1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Realizou, entre outras obras, o pintado e dourado do retablo da capela de Santa Catarina da catedral de Lugo (1608), o altar maior de San Pedro Fiz de Robra (Outeiro de Rei, 1608) e as imaxes de san Lourenzo e san Nicolao para o seminario de Lugo (1611).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como o Vello, tivo o seu obradoiro na cidade compostelá. Realizou o grupo de Nosa Señora das Angustias no retablo maior da igrexa de San Froitoso. Partiu do esquema barroco para realizar unha obra novidosa no seu tempo ao presentar a escena cun idealismo naturalista manifestado na serenidade do rostro de Cristo e no tratamento da súa anatomía. No eido compositivo, a figura da Virxe e de Cristo téndense a inscribir nun triángulo. Atribúenselle as imaxes de san Sidro Labrador, santa Susana, san Xoán Bautista e Santiago peregrino de Conxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Arman, formouse na École National d’Art Décoratif de Nice e en 1949 trasladouse a París, onde estudiou na École du Louvre ata 1951. Foi un dos primeiros artistas en empregar materiais de refugallo para crear ensamblaxes formadas pola acumulación de obxectos. Destacan as súas series Accumulations (1959-1960) e Nouvelles Poubelles (1970-1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Monzón de Campos (944-947) e de Castela (943-947), fillo de Fernando Ansúrez, conde de Castela. Actuou ao lado de Fernán González cando este era conde de Lara. Participou na Batalla de Simancas (933) co rei leonés Ramiro II, quen o nomeou conde de Monzón de Campos. Ao ser feito prisioneiro Fernán González, recibiu o condado de Castela como conselleiro e preceptor de Sancho, o conde nominal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, fillo de Antonio Fernández o Vello co que debeu formarse. Realizou as imaxes da Virxe da Asunción, san Xoán Bautista e san Xosé para o retablo maior de Santa María de Villestro (1801); o altar de Cristo coas súas imaxes en San Fiz de Solovio; o crucifixo da capela da Pastoriza; e o calvario de Santa María de Salomé. Atribúeselle un nazareno e a Virxe das Dores no convento de San Francisco; os catro retablos das cepas do convento da Ensinanza; e o altar maior de Santa María de Belvís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou ensaios sobre a literatura italiana e as súas novelas tratan o tema da homosexualidade. Da súa produción destaca Le roman italien et la crise de la conscience moderne (1958), L’échec de Pavese (1967) e Dans la main de l’ange (Premio Goncourt 1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Participou activamente na Asociación Galega de Universitarios, Estudiantes e Artistas (AGUEA) e na difusión da cultura galega na emigración en programas radiofónicos (Galicia Emigrante) e publicacións (Vieiros). Autora de versos en galego e castelán, da súa produción destaca Escolma (Premio Brais Pinto 1958) e Lonxanía (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director e actor cinematográfico mexicano. Coñecido como o Indio Fernández, en 1946 foi premiado en Cannes o seu filme María Candelaria (1943). Realizou tamén Enamorada (1946) e Río escondido (1947). Como actor participou en La cucaracha (1958), The Night of the Iguana (1963), Pat Garret and Billy the Kid (1973) e Under the Volcano (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. En 1948 viaxou coa súa familia a Venezuela. En 1969 comezou a traballar na Universidad Central de Venezuela (UCV) e asistiu a clases de fotografía de Carlos Herrera na facultade de Ciencias. Despois dunha viaxe por Chile, en 1974 organizou a súa primeira exposición no Museo de Arte Moderno de Mérida (Venezuela). Nas súas imaxes amósase un interese pola ironía, as imaxes borrosas e os ángulos esaxerados. É autor das series Nicaragua en tiempo de guerra (1984), Mi padre el inmigrante (1996) e Brainstorm (1996); publicou ademais Las estatuas de Caracas (1994). Expuxo a súa obra no Consejo Venezolano de Fotografía (1979) e na Galería de Arte Nacional de Caracas (1994). De forma colectiva participou na V Fotobienal de Vigo (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Suponse que foi fillo do entallador Gregorio Fernández quen traballou no retablo de San Martiño de Noia en 1562. A súa formación comezou probablemente nos obradoiros ourensáns da órbita de Juan de Juni, pero a comezos do s XVII trasladouse a Valladolid, onde se formou no obradoiro de Francisco Rincón e está documentado como escultor independente en 1605. En Valladolid recibiu tamén a influencia de Pompeo Leoni e dos escultores clasicistas da corte. Na súa evolución artística distínguense tres etapas: unha de formación ata 1616, caracterizada polo manierismo herdado dos seus mestres; a madurez, ata 1623, baseada no naturalismo; e a derradeira ou da plenitude barroca con actitudes máis dramáticas e dinámicas. As súas obras caracterízanse polo verismo, manifestado no tratamento da anatomía e das encarnacións, que adoitan ser mates, e no emprego de elementos postizos como ollos de cristal. Fronte á plasticidade dos corpos, as vestimentas aparecen acartonadas polo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Jesito, foi profesor de debuxo no Instituto de Ensino Medio Eusebio da Guarda e nas Escolas da Casa da Misericordia da Deputación da Coruña. En 1931 obtivo unha bolsa para estudar a talla dos imaxineiros casteláns. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1929 e recibiu, entre outros, o primeiro premio do concurso de carteis das festas da Coruña (1932) e o segundo premio do concurso nacional da Asociación de Pintores y Escultores de Zaragoza (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista. Estudiou belas artes en Madrid e formou parte dun grupo de arte nova en Xenebra (1971). Cultivou a pintura, a escultura e a cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. Descubriu as illas de Juan Fernández e unha nova rota marítima entre os portos de Callao e Valparaíso.
VER O DETALLE DO TERMO