Fernández Villaverde, Xavier
Guionista e realizador cinematográfico. Comezou a súa relación co cine no Cineclub Aldebarán. En 1977 realizou a súa primera película, A Semente (Super 8) e, posteriormente, formou parte do Grupo Imaxe, co que realizou varios filmes, como Malapata (1980), de C. López Piñeiro. En1983, xunto con outros socios, fundou Video Trama, unha empresa dedicada á produción publicitaria e de vídeos, entre os que destacan Rock, Rock (1983), Pánico en las Falkland (1983), Veneno Puro (1984), Viuda Gómez (1985) e Sexo Macumba (1985). En 1987, xunto co produtor Pancho Casal, fundou Villaverde Asociados que, máis adiante, se converteu en Continental Produciones S A. Con esta empresa puxo en marcha o proxecto do que foi a súa primeira longametraxe, Continental (1989), unha das primeiras producións do cine galego comercial. En 1998 realizou a súa seguinte película, Fisterra. Onde remata o mundo, na que pretendía facer unha reflexión sobre o baleiro ideolóxico das novas xeracións e sobre a ausencia da figura paterna. No ano 2001 rodou Trece badaladas, un thriller baseado nun argumento do escritor Suso de Toro e rodado en Santiago de Compostela.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña