"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á dasonomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que se ocupa da dirección das cortas dos montes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente quimioterapéutico empregado no tratamento de certos cancros humanos. Únese especificamente ao ADN bicatenario de xeito que inhibe tanto a súa transcrición como a súa replicación.
-
PERSOEIRO
Pintor, escultor e arquitecto italiano. A súa obra non se enmarcou en ningunha das correntes artísticas europeas, aínda que se achegou á arte pobre. Cultivou, entre outras, a temática da morte e da inmortalidade física, e a fin da historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período comprendido entre a volta ao poder absolutista de Fernando VII en España, apoiado polos Cen Mil Fillos de San Luís (outubro do 1823), e a súa morte, en setembro de 1833. Este período caracterizouse pola forte represión anticlerical, polo agravamento da crise do Antigo Réxime e pola reforma, iniciada polos absolutistas, de facenda e da administración. Estas reformas fixeron que o clero e a fidalguía constituísen un partido apostólico, encabezado polo irmán do rei, Carlos María Isidro. Fernando VII, sen fillos ata o seu cuarto matrimonio con María Cristina de Nápoles, declarou sucesora a súa única filla, a infanta Isabel (1830), e a súa nai viuse na obriga de buscar o apoio dos liberais para defender o dereito ao trono da súa filla. A recuperación do absolutismo contou en Galicia coa axuda das clases dirixentes e da Igrexa. Entre os seus partidarios cómpre destacar a Rafael de Vélez (Santiago de Compostela), Dámaso Iglesias Lago (Ourense), José Antonio de Azpeitia y Sáenz (Lugo) ou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incautar un ben aplicando a pena de comiso.
-
-
Acción de comisar.
-
-
Pena xurídica de confiscación de bens, aplicada polo fisco ás mercadorías prohibidas ou de contrabando.
-
Pena accesoria ou medida cautelar imposta ao autor dun delito, que consiste na perda ou retención dos instrumentos empregados no feito delitivo ou dos efectos resultantes do acto ilícito.
-
-
Conxunto de bens ou xéneros comisados.
-
Reversión do dominio útil dun inmoble en réxime de enfiteuse a favor do señor directo cando o enfiteuta deixa de pagar pensións censuais. Pódese liberar pagando os atrasos dentro do termo subseguinte á demanda que lle formula o censualista. Tamén se produce en virtude do convenio de enfiteuse, como cláusula penal contractual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Decreto-Lei 7/1978, polo que se aproba o réxime de preautonomía para Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode denominar.
-
-
Acción e efecto de denominar.
-
designación.
-
Lugar ou área de fabricación, elaboración ou extracción dun determinado produto. As denominacións de orixe están controladas pola Inspección Xeral de Denominacións de Orixe, adscritas ao Rexistro de Propiedade Industrial. Cando se rexistra constitúe unha marca colectiva. En Galicia existen oito denominacións de orixe, sete referidas a producións específicas. Das denominacións específicas, dúas posúen relación con producións derivadas do gando bovino (Ternera Gallega e Queixo de Tetilla) e cinco refírense ao viño (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras). Aínda que a denominación protexida por excelencia é a Denominación de Orixe, a Administración ampara outras figuras que teñen unha funcionalidade similar (protección da denominación e da tipicidade, fomento da súa produción e industrialización -segundo unhas normas que garanten un nivel de calidade que verifica o órgano rector-, promoción do produto no mercado e garantía de orixe). Na Denominación Específica e na Denominación...
-
-
-
Que denomina.
-
Número escrito baixo a barra dunha fracción, como por exemplo 6 en 2/6, que expresa as partes iguais en que se considera dividida a unidade.
-
-
Calquera número múltiplo á vez de todos os denominadores dun conxunto de fraccións, que se emprega co fin de poder sumalas ou restalas, como por exemplo o 6 para as fraccións 3/2 e 4/3.
-
Calidades ou características comúns a algo ou a alguén.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que deriva dunha forma nominal. Así, por exemplo, viaxar
-
-
Aplicar un nome a algo.
-
Chamarse dunha maneira determinada.
-
-
-
Que serve para denominar ou que implica denominación.
-
denominal.
-
-
PERSOEIRO
Gravador, debuxante, escritor e diplomático francés. Barón de Denon, acompañou a Napoleón I na súa viaxe a Exipto e escribiu Voyage dans la Basse et la Haute-Egypte (Viaxe polo Baixo e o Alto Exipto, 1802). Entre outras obras escribiu Julie ou le bon pére (Julie ou o bo pai, 1769) e Point de lendemain (Punto de mañá, 1777). Director xeral de museos durante o consulado e o imperio de Napoleón I, organizou o Musée du Louvre e promoveu a construción da columna Vendôme.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Infección cutánea causada por fungos parasitos dos xéneros Trochophyton, Microsporum e Epydermophyton.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colaxenose que afecta preferentemente á pel e aos músculos. Débese a unha alteración dos mecanismos inmunolóxicos. O eritema cutáneo característico preséntase en forma de coloración vermella purpúrea nas pálpebras e na zona periorbitaria. A afección muscular consiste no debilitamento e, ás veces, dor, principalmente nos músculos próximos ás extremidades e ao pescozo. Cando só resultan afectados os músculos e non a pel fálase de polimiosite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra realizada, por encargo do Real Consulado da Coruña, polo ilustrado ferrolán Lucas Xosé Labrada Romero (1762-1842), secretario do Consulado, e publicada en 1804. Reflite o seu pensamento económico e a súa preocupación polos principais problemas do país no s XVIII. Inspirábase nas ideas fisiocráticas francesas e defendía o sector agrario, convencido da primacía da agricultura como actividade xeradora de riqueza, ao tempo que criticaba a estrutura social do Antigo Réxime por considerala incompatible co desenvolvemento económico do Estado moderno. Denunciou o atraso económico, a inxustiza social e o parasitismo administrativo reinantes en Galicia, ao tempo que propuña reformas concretas, das que cómpre salientar as relacionadas co sector agrícola: converter en propietario o campesiñado arrendatario, enaxenar os terreos baldíos respectando as peculiaridades comarcais, suprimir as vinculacións, incrementar a plantación de árbores e substituír os dereitos de alcabala e millóns por outros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao mecanismo que establece unha ligazón entre dous dos seus puntos, de xeito que a velocidade dun orixina a velocidade determinada do outro.
-
-
Relativo ou pertencente aos deuteromicetos.
-
Fungo do grupo dos deuteromicetos.
-
Grupo artificial de fungos formado por aquelas especies das que só se coñece a multiplicación vexetativa. Esta situación pode deberse a que aínda non se detectaran as frutificacións sexuais ou que o fungo perdera a capacidade de formalas. Cando se chega a coñecer o tipo de reprodución sexual, o resultado máis común é que pertenzan á subdivisión das ascomicotinas. Moitos deles teñen unha grande importancia económica ao interviren nos procesos de descomposición da materia orgánica, na produción de antibióticos ou polo feito de ser fitoparasitos. Existen unhas 30.000 especies de fungos considerados como deuteromicetos.
-