"Oti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 532.

  • Que ten un só núcleo en cada célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un monocigoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un cotiledón.

      1. Relativo ou pertencente ás monocotiledóneas.

      2. Planta da clase das monocotiledóneas.

      3. Clase de anxiospermas caracterizada polo embrión, dun só cotiledón, a raíz fasciculada, o tallo, con feixes condutores pechados e dispersos, a ausencia de crecemento secundario, as follas case sempre sésiles e paralelinervias e as flores xeralmente trímeras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nucleótido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido que ten unha molécula que pode ceder un só protón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición que se fai cun monotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tipo.

      1. Que só ten un representante.

      2. xénero monotípico

        Xénero que ten unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai a composición tipográfica cun monotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina inventada en 1887 polo estadounidense Tolbert Lanston, que fai as composicións gráficas por tipos soltos, en oposición ao linotipo, que o fía por liñas. O teclado e a fundidora desta máquina son independentes e están relacionadas mediante unha bobina de papel.

    2. Embarcación de regata ou de cruceiro, que forma parte dunha serie de embarcacións de características determinadas, todas iguais. Polo feito de ser idénticas, o resultado dunha regata non depende máis ca das calidades dos seus tripulantes e dos materiais de que está feita. Entre os monotipos máis coñecidos destacan: optimist, cadete, moth, europa, vaurien, finn, snipe e dragón.

    3. Xénero que presenta unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de La Fayette. Foi comandante da Garde National de París (1789) e liderou o grupo de políticos moderados que intentou, sen éxito, un compromiso coa monarquía. Finalmente, enfrontouse co pobo no fusilamento do Camp de Mars (17 de xullo de 1791), feito que lle fixo perder definitivamente a popularidade. Na época da Restauración, foi unha das cabezas visibles do liberalismo e interveu nas accións que levaron á Revolución de 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou canteiros que corresponde á voz ‘chourizo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade de moverse.

      2. Conxunto das funcións motoras dun organismo.

    1. Propiedade da maior parte dos organismos vivos que lles permite moverse espontaneamente ou en resposta a estímulos de diferentes clases. Asegura movementos subsceptibles de xerar locomoción e tivo un papel moi activo na evolución da materia viva. É complexa e vai desde os movementos intracelulares, que traducen a vitalidade da materia viva en oposición á materia inerte, e celulares, ata a locomoción animal. O movemento celular pode ser ameboide, propio de certos protozoos, por flaxelos e por cilios, ou tamén flexuoso ou por escorregón, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado na Mancha e regado polo río Valdemembras (5.102 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro, con industrias derivadas e serradoiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura propia da Idade do Bronce, que se desenvolveu no SL de La Meseta, entre Albacete e Ciudad Real. A súa importancia artística aparece representada polos enormes túmulos circulares rodeados por murallas, ao redor dos que se establecían os poboados. Os máis representativos foron La Peñuela (Albacete) e Los Romeros, Azuer e Palacios (Ciudad Real).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo motilón.

    2. Individuo do pobo motilón.

    3. Pobo amerindio que habita na serra de Perijá, que ocupa territorio de Colombia e Venezuela, e que se estende ata o lago Maracaibo (Venezuela). Dedícanse á recolección e caracterízanse polo seu corte de pelo en forma de casquete. Durante a conquista española de América destacaron coa súa resistencia.

    4.   Lingua chibcha do phylum amerindio que fala o pobo motilón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disturbio ou alzamento popular contra a autoridade establecida. Constituíu unha das formas de protesta utilizadas polas masas populares contra os abusos das autoridades, especialmente importantes en épocas de carestía, ou causadas por medidas económicas impopulares.

    2. Tumulto ou alzamento da tripulación ou da pasaxe contra o mando dun barco.

    3. Alzamento das tropas ou dunha tripulación contra os seus mandos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de motivar.

    2. Proceso que sostén e que dirixe a actividade do organismo e o comportamento dos individuos. As posicións filosóficas relativas á importancia dos motivos que interveñen en todo acto libre van desde a afirmación de que toda elección segue ao motivo ou aos motivos máis fortes ou mellores, ata o dunha redución dos motivos como simples elementos concomitantes ou incluso condicionantes, pero nunca determinantes da decisión concreta. Xeralmente, todo acto adoita incluír unha gran multiplicidade de motivos. Neste sentido, xurdiron diferentes teorías sobre o problema da motivación; as máis coñecidas son a teoría condutista, que analiza as motivacións inconscientes (S. Freud, E. H. Erikson) e a cognoscitiva. Pedagoxicamente distínguense dous tipos de motivación: a extrínseca, que está orixinada pola presenza dun estímulo alleo ao proceso de aprendizaxe, e a intrínseca, que está intimamente relacionada co obxecto de estudo daquilo que desvela o interese do alumno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen motiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser motivo ou causa dalgunha cousa.

    2. Expor a razón ou motivo que se tivo en conta para facer algo.

    3. Incitar a alguén a facer algo.

    4. Animarse alguén a facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aquilo que fai que algo ocorra ou que alguén actúe dunha determinada maneira.

      2. Condicionante que determina a conduta ou que inclina a mover a vontade nun sentido ou noutro. Xa que pode ser identificado coa causa (causa motiva), o motivo refírese primordialmente ao ámbito psicolóxico. Adoitan dividirse, en psicoloxía, en motivos fisiolóxicos ou primarios, e en motivos sociopersoais ou secundarios. A miúdo distínguese dos impulsos, que son, respecto ao motivo, o seu substrato enerxético, e dos incentivos, que representan o aspecto social da motivación. De todos modos, as máis diversas clasificacións que se poden ofrecer dos motivos non reflicten nin abordan o problema da complexidade do seu proceso.

    1. Razón para obrar, pensar ou sentir algo.

      1. Conxunto de elementos que proporcionan o carácter dunha obra de arte.

      2. Tema básico que se utiliza para adornar ou decorar.

    2. Frase ou fragmento musical que serve de núcleo inicial do desenvolvemento musical.

    VER O DETALLE DO TERMO