monotipo
monotipo
(< mono + tipo)
-
s
m
[GRÁF]
Máquina inventada en 1887 polo estadounidense Tolbert Lanston, que fai as composicións gráficas por tipos soltos, en oposición ao linotipo, que o fía por liñas. O teclado e a fundidora desta máquina son independentes e están relacionadas mediante unha bobina de papel.
-
s
m
[MAR]
Embarcación de regata ou de cruceiro, que forma parte dunha serie de embarcacións de características determinadas, todas iguais. Polo feito de ser idénticas, o resultado dunha regata non depende máis ca das calidades dos seus tripulantes e dos materiais de que está feita. Entre os monotipos máis coñecidos destacan: optimist, cadete, moth, europa, vaurien, finn, snipe e dragón.
-
s
m
[BIOL]
Xénero que presenta unha soa especie.