"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
-
Remate en forma de cono dun capitel ou dunha construción arquitectónica.
-
Pequena pirámide dun contraforte ou muro, normalmente adornada con motivos vexetais.
-
Momento máis importante ou culminante dunha cousa inmaterial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
coniferal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas en campo de ouro unha faixa de goles, acompañada de cinco piñas, de sinople, tres arriba e dúas abaixo. Outra variante trae en campo de prata, unha árbore de sinople e un lobo andante, de prata, atravesado ao pé do tronco, e a cada lado unha vieira de azul, bordura de prata, con seis aspas de goles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado en Cangas. Ten unhas dimensións de 6 por 5 m. Na rocha hai combinacións circulares acompañadas de cérvidos, dos que se distingue un macho con cornamenta, ademais de figuras antropomorfas e cazoletas. O máis destacable son dúas escenas de monta de homes sobre cuadrúpedos.
-
GALICIA
Artista plástico. As súas obras amosan unha perfecta relación entre material, imaxe e significado. Utilizou como soporte artístico a fotografía e da súa temática destaca a análise do corpo humano, coa finalidade de implicar o espectador na obra. Da súa produción salientan Plumas (1994), Traxe home (1996), O traxe da Pepa (1996) e O raio de luz (2001). Ilustrou o Diario de Ana Frank. (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cabezallo.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Cadeliña (Chandrexa de Queixa). O seu cumio acada os 1.190 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Pulau Pinang, Malaisia, situada na illa homónima (180.573 h [2000]). O resgardado porto queda separado da costa occidental da península de Malacca por un canal de 5 km de ancho. Ademais de refinarías de estaño, posúe industria arroceira, de aceite de coco, de xabóns e artesanía de bambú.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo bicíclico saturado que contén a estrutura básica dunha das familias dos monoterpenos.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Cuba, situada na vertente setentrional da Sierra de los Órganos, ao O da illa (148.500 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Cuba (10.925 km2; 729.330 h [estim 1998]). A súa capital é Pinar del Río.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. A súa orixe está relacionada cunha comunidade beneditina que se estableceu nas proximidades da igrexa de Santa María da Corticela (actual capela da catedral de Santiago de Compostela), que foi construída a finais do s IX. Esta comunidade tiña a función de custodiar os restos do Apóstolo Santiago. As primeiras referencias documentais da existencia do mosteiro datan do s X, cando o Rei Ordoño II e o bispo Sisnando I ratificaron algunhas das doazóns feitas aos beneditinos. O crecemento da comunidade monástica obrigou á construción dun novo edificio e en 1050 comezaron as obras do templo románico, que non se rematou ata 1112, cando o bispo Xelmírez e o bispo de Ourense, don Diego, consagraron a igrexa. En 1115 Xelmírez confirmou e aumentou as posesións do cenobio, que chegou a ser un dos mosteiros máis ricos de Galicia. Vinculado desde 1498 á congregación de San Bieito de Valladolid, viviu unha etapa de esplendor entre os ss XVII e XVIII coa...
-
-
Recipiente cheo de doces e xoguetes que está pendurado e que se trata de romper cun pau e cos ollos vendados.
-
-
Baile que se celebra o primeiro domingo de Coresma.
-
domingo de piñata
Domingo en que se celebra o baile de piñata.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán activo da illa de Luzón, Filipinas, que acada unha altitude de 1.600 m. As súas continuas erupcións produciron alteracións no clima, á vez que parou o aumento progresivo de temperaturas dos anos anteriores. O contido de ácido clorhídrico provocou un grave deterioro da capa de ozono.
-
-
Antiga embarcación de vela e remo, de popa cadrada, con tres paus e moita eslora.
-
Barco de vela, de ata 400 toneladas de desprazamento, dedicado á cabotaxe.
-
-
Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘cunca’.
-
Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘pau de copas (da baralla)’.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave paseriforme de 12 cm de lonxitude. O macho ten o píleo, a barba e unha parte das ás e a cola negras; o sobrecú, as franxas das ás e os laterais da cola amarelas; as partes inferiores amarelas verdosas e as superiores listadas de manchas terrosas. É granívora, pode localizarse nos bosques e parques de Europa Central e Setentrional, e inverna en Europa Meridional. En Galicia tamén é invernante, e pode verse por todo o territorio.
-
PERSOEIRO
Pintor búlgaro. Coñecido como Jules Pascin, formouse en Viena, Múnic e París. Residiu en EE UU (1914-1922) e naturalizouse estadounidense en 1920. Cultivou os temas mitolóxicos e bíblicos, o retrato e o nu feminino cun forte erotismo. Da súa obra destacan Salomé, Hermine David (1918) e Xitana (1923-1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Utensilio formado por un feixe de pelos ou fibras vexetais ou artificiais fixadas ao extremo dun mango mediante un casquete metálico, comprimido de xeito que garante a fixación dos pelos. Emprégase para pintar ou estender outros produtos, e para limpar o po dos recantos dos cuartos e outros lugares dificilmente accesibles. Existen pinceis redondos, planos, de punta e doutros tipos.
-
Técnica individual dun pintor.
-
Actividade pitórica.
-
-
Feixe de pelos, de plumas ou de fíos cunha forma similar á dun pincel.
-
-
-
Trazo feito cun pincel.
-
Expresión compendiosa dun trazo característico ou dunha idea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Copeiro das cortes bárbaras e, posteriormente, dalgunhas cortes episcopais como a de Trento e Feltre.