"RCA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 608.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exceso de calcio no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exceso de potasio no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exceso de anhídrido carbónico no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Magnitude física dos barións, igual á suma do número bariónico e a estrañeza: Y=B+S. É unha carga que se conserva, exclusivamente, nas interaccións fortes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa comercial de venda polo miúdo para autoservicio caracterizada polas súas grandes dimensións -máis de 2.500 m2- cunha cobertura moi ampla de produtos de consumo e con prezos competitivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tipo de aleta caudal integrada por dous lóbulos simétricos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, drenado polo río Riánsares (3.440 h [2001]). A súa economía está ligada ao sector primario: a agricultura (cereais, oliveiras, legumes e melóns) e á gandería (gando ovino). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa da Inmaculada Concepción (ss XVI-XVII) e a casa da Cadena.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado ao NL da capital provincial e á beira do río Andarax (8.278 h [2001]). O sector primario é a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val do Almanzora (14.850 h [2001]). Posúe actividade agrícola, cunha crecente implantación do regadío e da gandería. Destacan as minas de chumbo e prata. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción e o castelo de Santa Bárbara, declarado Ben de Interese Cultural en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos ilercavóns.
-
Individuo do pobo ilercavón.
-
Pobo ibero tarraconense que controlaba un territorio pouco definido e que limitaba ao N cos cosetanos, ao S cos edetanos, ao NL cos ilerxetes e ao SO cos suesetanos. O territorio presentaba unha gran densidade de poboación de primeiro rango, consideradas centros políticos ou de control dun territorio, como Puig de la Nao (Benicarló), Puig de la Misericòrdia (Vinaròs) e Castellot de la Roca Roja (Benifallet). A escavación dos distintos xacementos permitiu constatar a súa ampla cronoloxía, que se estendeu entre o s VI a C e finais do s I a C.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode abarcar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra dramática de Álvaro Cunqueiro, escrita no ano 1958. O Hamlet de Álvaro Cunqueiro remite á traxedia da vinganza (revenge tragedy) de W. Shakespeare, pero incorpora ingredientes edípicos e elementos típicos do teatro do s XX. Dunha textura erudita e mítica, profundamente lírica, a peza presenta como novidade no asunto hamletiano o descubrimento da verdadeira paternidade de Hamlet, verificada a través da técnica do teatro dentro do teatro, técnica que xa estaba presente na peza de Shakespeare. Pesimista, tráxica e existencialista, a obra acaba sendo unha grave e reiterativa interrogación sobre a existencia humana, e dentro dese universo, sobre o sentido e a esencia do amor. O 31 de agosto de 1959 foi estreada baixo a dirección de Antón Naveyra, polo grupo Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña. En 1991 o Centro Dramático Galego, coa dirección de Ricard Salvat, promoveu a primeira representación profesional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na presenza dunha pulsación adicional máis frouxa entre dúas pulsacións normais.
-
-
Relativo ou pertencente á intercadencia.
-
Aplícase ao pulso que presenta intercadencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser intercalado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de intercalar ou intercalarse.
-
-
Poñer entre os elementos ou termos dunha serie algún elemento novo.
-
Introducirse unha cousa dentro dunha serie.
-
-
-
Que se intercala.
-
-
Día que se engade ao final do mes de febreiro nos anos bisestos.
-
Día sen febre entre os días que se padece.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode intercambiar.
-
-
Que intercambia ou que serve para intercambiar.
-
Aparato empregado para transmitir calor dun fluído a outro que está a temperatura inferior. Estes circulan manténdose separados por unha parede dun material bo condutor. A disposición máis tradicional consiste en dous tubos concéntricos, un condutor do fluído quentador, e o outro do quentado. Non obstante , o máis corrente é que o aparato dispoña dun corpo cilíndrico de material termicamente illante, que contén no interior un grupo de tubos de material bo condutor; un fluído circula polo interior destes, e outro é conducido directamente polo corpo do aparato.
-
Substancia insoluble en agua que contén ións lábiles capaces de ser intercambiados por outros ións con carga do mesmo signo, presentes nunha solución acuosa coa que entra en contacto, sen que teña lugar ningún cambio físico maior na súa estrutura. Segundo os ións lábiles sexan positivos ou negativos, os cambiadores son catiónicos ou aniónicos, respectivamente. Coñécense de orixe natural, pero na actualidade os máis empregados son de natureza sintética. Os cambiadores iónicos posúen unha estrutura reticular tridimensional e grupos funcionais ionizables que reteñen por atracción electroestática os ións intercambiables. A forza ácida ou básica destes grupos determina o comportamento do cambiador, que está condicionado tamén pola dimensión media dos poros do retículo. O cambiador soamente é eficaz en condicións en que os seus grupos activos sexan ionizados. Iso fai que os cambiadores fortemente ácidos ou fortemente básicos actúen nun campo moi amplo de valores de pH; os que conteñen grupos...
-