ilercavón -na

ilercavón -na

(< lat Ilercaŏnes)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ilercavóns.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo ilercavón.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo ibero tarraconense que controlaba un territorio pouco definido e que limitaba ao N cos cosetanos, ao S cos edetanos, ao NL cos ilerxetes e ao SO cos suesetanos. O territorio presentaba unha gran densidade de poboación de primeiro rango, consideradas centros políticos ou de control dun territorio, como Puig de la Nao (Benicarló), Puig de la Misericòrdia (Vinaròs) e Castellot de la Roca Roja (Benifallet). A escavación dos distintos xacementos permitiu constatar a súa ampla cronoloxía, que se estendeu entre o s VI a C e finais do s I a C.

Palabras veciñas

ileocólico -ca | ileoespiñal | ileostomía | ilercavón -na | Ilerda | ilerdense | Ilerdiano