ilercavón -na
ilercavón -na
(< lat Ilercaŏnes)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ilercavóns.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo ilercavón.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo ibero tarraconense que controlaba un territorio pouco definido e que limitaba ao N cos cosetanos, ao S cos edetanos, ao NL cos ilerxetes e ao SO cos suesetanos. O territorio presentaba unha gran densidade de poboación de primeiro rango, consideradas centros políticos ou de control dun territorio, como Puig de la Nao (Benicarló), Puig de la Misericòrdia (Vinaròs) e Castellot de la Roca Roja (Benifallet). A escavación dos distintos xacementos permitiu constatar a súa ampla cronoloxía, que se estendeu entre o s VI a C e finais do s I a C.