"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia de Grou (Lobios). O seu cumio acada os 1.020 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro, economista e sociólogo francés. Estudiou sobre o terreo a vida dos campesiños e defendeu a necesidade de salvar a familia, que consideraba a célula social básica, punto de partida e fin de toda reforma política. Publicou La réforme sociale (1855) e Les ouvriers des deux mondes (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Foi o prototipo do academicismo inglés e, influído polo prerrafaelismo, reflectiu temas clásicos con ampulosa concepción e pincelada minuciosa. Das súas obras destacan La Madonna de Cimabue.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antoine Louis Prosper Lemaître.
-
PERSOEIRO
Atleta estadounidense. Coñecido como Carl Lewis, foi campión do mundo en Helsinqui (1983) e Roma (1987) en 100 m lisos, salto de lonxitude e 4 x 100 m lisos. Gañou catro medallas de ouro (100 m, 200 m, 4 x 100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984), dúas (100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), outras dúas (salto de lonxitude e 4 x 100 m) nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) foi medalla de ouro en salto de lonxitude. Retirouse en 1997. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias do Deporte (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de narrativa breve editada por Edicións d’a Recadadiva Galega a partir de 1924. Editáronse dous volumes en que participaron E. Correa Calderón, A. Villar Ponte e Xabier Pardo. Ilustrada por Juan Luís, Álvaro Cebreiro e Mariano Miguel, a publicación estaba aberta a escritores galegos e portugueses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santander a partir de xullo de 1956. De tendencia conservadora e oficialista, editouse baixo o subtítulo “Órgano del Centro Gallego de Santander”. Publicou poesías en galego e artigos de colaboradores como Dionisio Gamallo Fierros e Camilo José Cela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Santiago de Compostela a partir de 1875 que cesou o 20 de marzo de 1887. Fundado por A. Rey Varela e X. Mª Paredes, propietario dos obradoiros tipográficos onde se imprimiu na primeira etapa, o seu propietario e director pasou axiña a ser Antonio Toledo ata a súa morte, o 16 de marzo de 1885, a quen sucedeu Alfredo Brañas. Na derradeira época, o xornal estivo a cargo de Hermenexildo Calvelo. Baixo o subtítulo de “Periódico católico, político e literario”, foi un destacado defensor dos intereses da Igrexa á marxe da política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento agrarista constituído en Madrid o 30 de xuño de 1910, despois dunha serie de reunións no Centro Galego en que participaron, entre outros, Portela Valladares, Basilio Álvarez, Alfredo Vicenti, Emilio Rondal e Prudencio Landín. Contou con tres directores, A.Vicenti, E. Vincenti e Portela Valladares, e tiña como secretario a Basilio Álvarez. O seu programa concentrábase na redención foral. Apoiado polos republicanos pontevedreses, o Directorio de Teis e a prensa republicana madrileña, a revista Acción Gallega serviulle de voceiro. Organizou unha campaña de mitins en Pontevedra e Lugo protagonizada por Portela Valladares, en que se enfrontou cos seus rivais dentro do partido liberal. Disolveuse rapidamente polas diferencias entre os seus membros e despois da desaparición de Acción Gallega, en setembro dese ano, o distanciamento dos seus líderes levou á súa extinción no mes de novembro.
-
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Freddie Bartholomew, foi un dos nenos prodixio dos estudios Metro Goldwyn Mayer durante a década de 1930. Participou, entre outras, nas películas Ana Karenina (1935), Poor Little Rich Girl (1936), Little Lord Fauntleroy (1936) e Captains Courageous (1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e eséxeta francés. Promoveu o modernismo e a súa actitude independente valeulle a perda da cátedra no Instituto Catholique en 1893 e, en 1908, a excomuñón. Coa obra L’Evangile et L’Église esbozou unha nova apoloxía do catolicismo, que foi condenada. Cunha actitude máis polémica destacan tamén Religion d’Israël (1901), Les Évangiles Synoptiques (1907-1909) e La naissance du Christianisme (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira xaponesa fundada en 1952, que centrou a súa actuación no financiamento e no fomento da industria do país.
-
GALICIA
Ilustrador. Coñecido como Tokio, colabora en diversos xornais e publicacións de banda deseñada. É autor de Achegándonos aos mamíferos mariños (1993) e Xogando con Enol: unidade didáctica sobre o mar (1997). Foi galardoado co Premio de Humor de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Activista libertario galego. Dirixiu en Catalunya o xornal Tierra y Libertad, participou no comité de folga durante a Semana Tráxica e formou parte da comisión clandestina da CNT catalá en 1913 e 1914. Participou no Congreso Internacional da Paz celebrado en Ferrol (1915) e celebrou mitins en Betanzos, Pontedeume, Santiago de Compostela e A Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Foi discípulo de Andrea del Verrocchio e recibiu a influencia de Leonardo da Vinci. En 1497, a causa das predicacións de Savonarola, queimou as súas pinturas de tema profano, das que só queda unha Venus e algúns retratos, como Autoritratto (1488). Das súas obras relixiosas destacan Nostra Donna, San Giuliano e San Nicolò (1493) e San Michele (1523).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Foi redactor xefe de El Norte de Galicia. Das súas obras destacan La escuela anarquista (1909), La guerra (1914), Mi viaje a Roma: Impresiones (1925) e El Museo Arqueológico Diocesano (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Demógrafo e matemático. Foi o fundador da demografía matemática e definiu as nocións de poboación estable e estacionaria. Xunto con V. Volterra, estudiou á vez a dinámica de dúas poboacións, unha como depredador e a outra como presa. Tamén definiu a taxa de crecemento natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Arteixo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Boqueixón baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO