Loisy, Alfred
Loisy, Alfred
Eclesiástico e eséxeta francés. Promoveu o modernismo e a súa actitude independente valeulle a perda da cátedra no Instituto Catholique en 1893 e, en 1908, a excomuñón. Coa obra L’Evangile et L’Église esbozou unha nova apoloxía do catolicismo, que foi condenada. Cunha actitude máis polémica destacan tamén Religion d’Israël (1901), Les Évangiles Synoptiques (1907-1909) e La naissance du Christianisme (1933).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ambrières, Champagne -
Deceso
Lugar : Ceffonds, Champagne