"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
GALICIA
Mestre de obras. Descoñécese se foi fillo de Francisco Antonio Fernández Sarela ou doutro membro da familia, aínda que traballou con Clemente Fernández Sarela na Casa do Cabido. Documéntase a súa participación nunha poxa para reparar a ponte do Arcebispo (1758). Foi perito das obras de San Bieito (1774) e traballou nas reparacións no colexio das Orfas e no enlousado da igrexa de San Fiz (1781).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras, pai de Clemente A. Fernández Sarela. Documentado dende 1721 e activo en Santiago de Compostela, traballou con Fernando de Casas na capela do Pilar da catedral (1721). Entre outras obras, realizou traballos de taxación das pontes próximas a Santiago; fixo reparacións e recoñecementos en diversos edificios como os cuarteis, a Casa Consistorial e o colexio de Fonseca (1733); e inspeccionou as obras do convento das mercedarias (1738) e a capela da Corticela (1739). Atribúeselle o plano da capela maior dos Anxos (1748).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Francisco Fernández Sarela. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, pintou as súa columnas en 1783. Trasladouse á Coruña, onde realizou diversos traballos de pintura para a colexiata e a capela de San Xosé. Na igrexa de San Nicolao pintou e dourou o retablo colateral de san Lourenzo. Pintou dous dos cadros do Monumento ao Dous de Maio que estaba situado na portería do concello coruñés.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Leopoldo Varela, formouse co pintor Marcet (1948-1952). A súa obra adscríbese a un impresionismo apoiado no debuxo. Traballou o óleo, a acuarela, a augada e o pastel. As súas paisaxes reflicten os ambientes rurais e mariños de Galicia, e tamén as terras de Castela, La Rioja e Aragón. Dende a súa primeira mostra celebrada en 1956, expuxo en diversas cidades galegas e españolas. Participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, onde obtivo a medalla de prata en 1972, e entre outras mostras na Trienal de Compostela (1974), Artistas Galegos (Madrid, 1976) e Pontevedra con Centroamérica (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Secretario xeral de FE de las JONS (1934), foi encarcerado tralo triunfo do Frente Popular (1936) e intercambiado polo Mando Nacional no transcurso da Guerra Civil. Foi ministro de Xusticia (1945-1951), ministro secretario xeral do Movemento (1951-1956) e conselleiro nacional do Movemento. Contrario á reforma política, en 1976 promoveu a asociación Frente Nacional Español, que reconverteu ese mesmo ano en Falange Española de las Juventudes Obreras Nacional-Sindicalistas (FE de las JONS), que presidiu ata febreiro de 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Doutor en Arquitectura. Foi profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Cómpre destacar, no eido da rehabilitación arquitectónica, as intervencións no mosteiro de Santa María a Real de Oseira, galardoadas co premio Europa Nostra (1989), a igrexa de San Francisco de Santiago e as pallozas do Cebreiro. Traballou nas escavacións do castro de Elviña. Colaborou en Coruña, paraíso del turismo, Obradoiro e Abrente. Obtivo, entre outros, o Primeiro Premio no Concurso para a Rehabilitación Integral do Casco Antigo de Betanzos (1981) e no Concurso de Proxectos para a Ordenación do Val do Eume (1984). Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, da Academia de Doctores e do Comité Nacional de Icomos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliotecario e historiador. Licenciado en Dereito, foi bibliotecario da Real Academia Española. Das súas obras históricas de tema galego destacan Recuerdos de un viaje á Santiago de Galicia, por el padre F. Fita y A. Fernández-Guerra (1880) e Las diez ciudades bracarenses nombradas en la inscripción de Chaves (1888); e entre as de historia medieval Historia de España desde la invasión de los pueblos germánicos hasta la ruina de la monarquía visigoda (1890), Las ciudades bastetanas Asso y Argos (1887) e Las ciudades bélicas Ulisi y Sabora. Pertenceu á Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Meteorólogo norteamericano. Investigou os fenómenos mariños e formulou unha lei, que leva o seu nome, que establece que unha corrente de aire se desvía cara á dereita no hemisferio boreal e cara á esquerda no austral. Estudiou, ademais, as mareas, os ventos e as tempestades mariñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo italiano. Profesor de arqueoloxía na Università di Napoli, foi director das escavacións de Pompeia e do museo de Nápoles. En 1865 nomeárono senador do reino e director xeral de antigüidades e belas artes. Desenvolveu unha serie de sistemas de observación, rexistro e conservación do material que continúa en uso. Das súas obras destacan Pompeianarum antiquitatum historia (1860) e Descrizione di Pompei (Descrición de Pompeia, 1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada ao SL do Gran Bos Aires e que forma un partido propio (235.554 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Folgoso do Courel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Quiroga,situado na provincia de Lugo no extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Pedrafita do Cebreiro (comarca de Ancares) e Samos (comarca de Sarria), ao L cos de Barjas e Oencia (O Bierzo), ao S co de Quiroga e ao O cos de Samos e A Pobra do Brollón (Terra de Lemos). Abrangue unha superficie de 192,8 km 2 cunha poboación de 1.284 h (2007) distribuídos nas parroquias de Esperante, Folgoso do Courel, Hórreos, Meirao, Noceda, Seceda, Seoane do Courel, Vilamor e Visuña. A capital municipal é a vila de Folgoso do Courel, situada a 42° 35’ de latitude N e 7° 11’ de lonxitude O, 100 km ao SL de Lugo e 178 ao L de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Monforte de Lemos e á provincia e diocese de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Folgoso do Courel sitúase baixo o dominio climático oceánico de montaña, aínda que cabe distinguir unha clara matización entre a zona máis... -
PERSOEIRO
Entomólogo e psiquiatra suízo. Fixo investigacións sobre as estruturas nerviosas do cerebro e formulou o concepto de unidades funcionais cerebrais. Introduciu a hixiene na sexualidade. Deseñou o primeiro micrótomo. As súas obras principais son Der Hypnotismus (1889), Die sexuelle Frage (1905) e Das Sinnesleben der Insekten (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Realizou os estudios musicais na súa cidade natal e en Vigo, e logo ingresou na banda do Rexemento de Murcia. Formou parte de numerosas orquestras e bandas, tanto en España como en América, e estableceuse en Cuba. Da súa produción destaca Camiño longo, Noite de lúa, A fouce esquecida e Melodía gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano italiana. Debutou en 1955 no Teatro Comunale de Modena, como Micaela en Carmen. No Covent Garden (1961) e na Scala de Milán (1962) debutou como Nanetta en Falstaff.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rato pequeno.
-
RIOS
Río afluente do Ulla pola dereita. Nace en Santa María das Brañas (concello de Toques), da confluencia de varios regos que baixan dos montes do Corno do Boi, na vertente occidental da serra do Careón. O seu curso adopta unha dirección N-SO coa que atravesa as parroquias de Paradela, A Capela e Magoeiro; nesta última vira cara ao L e fai de límite coa parroquia de Abeancos (Melide). Recupera a dirección S e constitúe o límite entre as paroquias de Oleiros (Toques) e Abeancos e Melide. Despois segue pola parroquia de Furelos. No límite entre Moldes (Melide) e Vimianzo (Santiso), recibe o Catasol, que descende pola cara meridional dos montes do Bocelo. Drena por último as parroquias de Niñodaguia e Barazón, no concello de Santiso, onde desemboca, despois dun percorrido de 20 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, un brazo movente do flanco sinistro, vestido de azul, cunha rosa de ouro na man.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Furelos, na parroquia de Furelos. Trátase dunha ponte do s XIX de tres vans con arcos rebaixados.