"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
GALICIA
Médico e profesor. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1926 nomeárono catedrático de Histoloxía e Anatomía Patolóxica da mesma universidade. Foi director do manicomio de Conxo, do Gran Hospital e da leprosería de San Lázaro, médico da beneficencia provincial e director do laboratorio, autopsias e tratamento antirrábico do Hospital Clínico. Das súas obras destacan Anatomía práctica (1898), en colaboración con Barcia Caballero, Nocións de Técnica Histolóxica (1925) ou Prácticas de laboratorio (1931). Foi alcalde de Santiago de Compostela (1922-1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico francés. Estudiou na Universidade de Lyon, onde se doutorou (1901). Foi profesor nas universidades de Nancy e Lyon. En colaboración con Philippe Barbier estudiou os compostos organomagnésicos e a introdución do grupo -CH3 en substancias orgánicas. Ideou a reacción de síntese que leva o seu nome, reacción de Grignard e os reactivos de Grignard. O seu Traité de chimie organique (1935), en 15 volumes, recolle os seus traballos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1912), xuntamente con Paul Sabatier, polo descubrimento da reacción de Grignard.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático soviético. Embaixador en Washington (1943), participou nas conferencias de Yalta e Potsdam e foi delegado da URSS no Consello de Seguridade da ONU (1946-1948). Membro do Comité Central do PCUS desde 1956 e do Politburó en 1973, ocupou a carteira de Asuntos Exteriores entre 1957-1985 e a presidencia da URSS entre 1985-1988.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Revillagigedo, fillo de J. F. Guemes de Horcasitas. Vicerrei de Nova España (1789-1794), o seu goberno caracterizouse por completar a división en intendencias, fomentar a rede viaria, mellorar o sistema educativo e dos correos e patrocinar numerosas expedicións de carácter científico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor sueco. Desenvolveu unha cámara fotográfica que despois foi comercializada e apareceu en 1948 como a primeira cámara réflex de lentes intercambiables e de película con carrete. As cámaras de Hasselblad empregounas a NASA para fotografar a Lúa por vez primeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político peruano. Exiliado en México (1923-1930 e 1954-1956), fundou a Alianza Popular Revolucionaria Americana (APRA) en 1924. Un golpe de estado militar impediulle ocupar a presidencia que gañara nas eleccións de 1962. Coa vitoria do APRA nas eleccións de 1978 converteuse en presidente da Asemblea Constituínte. Escribiu Por la emancipación de la América Latina (1927) e Treinta años de aprismo (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensador e publicista. Os seus ideais revolucionarios ocasionáronlle o desterro e desde 1847 residiu en París, Londres, Niza e Xenebra. Destacan as súas memorias Byloje i dumy (Pasado e pensamentos 1852-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico checo. Investigou especialmente problemas relacionados coa desintegración radioactiva e descubriu a existencia da radiación cósmica. Das súas obras destaca Cosmic rays and their biological effects. En 1936 recibiu, xuntamente con K. Anderson, o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador belga. Foi autor das casas Geenens de Gante (1878-1780) e da edícula Lambeaux en Bruxelas (1889). Cos Hôtel Tassel (1893) e Hôtel Solvay (1894) de Bruxelas constribuíu a definir o estilo art nouveau. Entre outras obras realizadas en Bruxelas destacan a Casa do Pobo (1895) e os almacéns L’Innovation (1901), os dous desaparecidos; a súa casa (1898), convertida no Horta Museum e o Hôtel Aubecq (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, novelista e dramaturgo francés. É o máis fecundo dos autores franceses románticos, cunha obra heteroxénea que domina todo o s XIX. En Odes et poésies diverses (1822; edición definitiva en 1828 Odes et ballades) o seu estilo evolucionou dun clasicismo estricto cara a unha liberdade xa influída polo romanticismo. Con Les orientales (1829), reivindicou e manifestou unha actitude humanitaria, coa que seguía a moda cosmopolita do Cenáculo romántico e chamaba a atención sobre as influencias gregas. As escolmas publicadas entre 1831 e 1840 -Les feuilles d’automne, Les chants du crépuscule, Les voix intérieures, Les rayons et les ombres-, manifestan a proxección da serenidade e do intimismo no tratamento dos temas da natureza, o amor e a patria. A súa obra poética sufriu unha interrupción, debida, en parte, á súa actividade política. Participou na revolución de 1848 e opúxose a Napoleón III; en 1851 exiliouse en Bélxica, despois en Jersey e finalmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Foi un dos introdutores do vangardismo en América Latina. En 1914, no manifesto Non serviam, formulou unha proposta que deu inicio ao creacionismo, co que pretendía elaborar unha arte que non imitara a realidade. En París, entrou en contacto cos poetas surrealistas Guillaume Apollinaire e Pierre Reverdy cos que fundou a revista Nord-Sur e publicou poesía en francés, como Horizon carré (1917), Tour Eiffel (1917) e Hallalli (1918). En Madrid contactou cos ultraístas e en 1918 publicou Ecuatorial e Poemas árticos. Altazor o El viaje en paracaídas (1931) representa a síntese da súa creación poética. Na literatura galega, foi un dos autores que máis influíu na obra poética de Manuel Antonio e Amado Carballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militante anarcosindicalista. Desde 1935 colaborou no relanzamento do Sindicato de Industria Pesquera vigués. Nos derradeiros meses da Segunda República Española asentouse en Ribeira, onde exerceu de secretario do Sindicato General de Trabajadores. Co estoupido da Guerra Civil foi detido en Pontevedra e fusilado en Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. É licenciado en Ciencias da Información. Redactor de Faro de Vigo, publicou, entre outras obras, Cierto olor a cuerno quemado (1967), Asreveiv (1976), Pensamiento de Mi-Au (1979), Retorno a Panolilandia (1980) Inédito-2 (1982) e Os cabalos de troula (1990?).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que denota ou implica falta de civismo.
-
Que ou quen non ten un comportamento cívico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade do Estado español creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Ocúpase da xestión das prestacións complementarias da Seguridad Social, é dicir, da asistencia social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óso en forma de placa, situado en posición ventral e media, sobre o que se fixan os extremos das clavículas. Propio dos vertebrados terrestres primitivos, persiste en moitos réptiles e nalgúns mamíferos.
-
PERSOEIRO
Físico. Discípulo de W. K. Röntgen, foi director do instituto físico-agronómico de San Petersburgo e membro directivo da Academia das Ciencias da URSS. Estudiou as propiedades físicas e eléctricas dos cristais e dos semicondutores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro de orixe descoñecida que estivo situado no concello de Ortigueira ou no de Mañón.
-
PERSOEIRO
Poeta, dramaturgo e historiador. Máximo representante do simbolismo realista ruso. Rector da Universidade de Bakú, emigrou a Italia (1924) e converteuse ao catolicismo. Escribiu Rimskije sonety (Sonetos romanos, 1925) e Svet vecěrnyj (Luz de tarde, 1914-1944).
VER O DETALLE DO TERMO