"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Contenda que tivo lugar en Fornelos (Valga) no 968 e na que se enfrontaron as tropas de Sisnando, bispo de Iria, contra os invasores normandos. No trancurso da batalla os normandos deron morte ao bispo e derrotaron as súas tropas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carabullo.

    2. Instrumento de labranza con mango longo e tres ou máis dentes longos e curvados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer manchas ou borranchos nun escrito ou debuxo.

    2. Facer trazos mal feitos ou garabatos nunha superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. garabata.

    2. Trazo ou debuxo imperfecto, como por exemplo as letras trazadas por unha man pouco habilidosa na escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar á beira do río Garigliano (Italia) o 28 de decembro de 1503 entre o exército aragonés, comandado polo Gran Capitán, e o exército francés. Esta vitoria dos exércitos de Fernando II de Aragón, xunto coa vitoria na Batalla de Cerignola (1503) e a toma de Gaeta (1504), proporcionoulle á coroa aragonesa o control definitivo sobre o Reino de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido por Bacicia, formouse no estudo da obra de Rubens e Van Dyck. En 1657 trasladouse a Roma, onde foi un dos pintores e decoradores barrocos máis brillantes. A súa obra mestra foi a decoración da bóveda da igrexa do Gesù coa Adoración do nome de Xesús (1668-1683). Traballou tamén para os papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate librado entre os tercios españois e o exército dos Estados Xerais das Provincias Unidas na proximidade da vila de Gembloux o 31 de xaneiro de 1578. A vitoria dos tercios permitiu a Xoán de Austria ocupar Bruxelas e recuperar boa parte do S de Flandres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo italiano. Coñecido como Cinthio, é autor da obra teórica Discorso intorno al comporre delle comedie e delle tragedie (1554), na que recuperou vellos principios de aristóteles. A súa obra dramática, inspirada en Séneca, tivo unha grande influencia no desenvolvemento do Renacemento e inspirou a creación de autores como W. Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político suízo. Foi presidente do goberno cantonal (1886-1887), membro do Consello de Estados (1884-1890) e, desde 1890, membro do Gran Concello. Cofundador da Interparliamentary Union (1889), foi elixido o seu director na IV conferencia (1892). En 1906 pasou a dirixir a International Peace Bureau. Das súas obras históricas destacan République de Berne et la France pendant les guerres de religion (1891) e Histoire de la Suisse racontée au peuple (1900). En 1902 recibiu o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar o 13 de xullo de 1558 preto da cidade francesa de Gravelines, departamento do Nord, entre o exército de Filipe II, apoiado pola escuadra inglesa do conde de Egmont, e as tropas francesas, ao mando do duque de Guise. Trala vitoria do exército angloespañol, os franceses víronse obrigados a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (22.4.1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron en xullo do 711 as tropas do rei visigodo Rodrigo e o exército musulmán liderado por Tāriq ibn Ziyād. A vitoria musulmá supuxo a fin do reino visigodo e o inicio da ocupación árabe do territorio peninsular. A localización do lugar do combate continúa a ser moi discutida e os historiadores dubidan en situalo entre o río Barbate, a lagoa de La Janda e a beira do río Guadalete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Amigo e antagonista de Tasso, escribiu a traxicomedia pastoril Il pastor Fido (1590), L’idropico (1609) e Compendio della poesia tragicomica (1601).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cubano. Colaborou nas publicacións Camagüey Gráfico, El Camagüeyano, Lys, Mediodía, Gaceta del Caribe, Mediodía, Orto e Hoy. Da súa produción destaca Cerebro y corazón (1922), Motivos de son (1930), Sóngoro cosongo. Poemas mulatos (1931), West Indies Ltd. (1934), El son entero (1947), La paloma de vuelo popular (1958), Prosa de prisa (1962), Tengo (1964), El gran zoo (1967), Cuatro canciones para el Che (1969), El diario que a diario (1972) e La rueda dentada (1972). Presidente fundador en 1961 da Unión Nacional de Escritores y Artistas de Cuba (UNEAC), recibiu o Premio Lenin da Paz (1954), o Premio Viareggio (1972) e o Premio Nacional de Literatura (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de enterramento seléucida, de orixe persa, que consiste nunha torre de planta circular, poligonal ou cadrada, que remata cunha cúpula oculta por un tellado cóncavo. Adoita ter dous pisos ao exterior. Recibe tamén o nome de tarbé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou en Cambridge, onde se doutorou (1948). Traballou no campo dos semicondutores en Inglaterra, EE UU e Canadá en diferentes empresas, e foi profesor de diversas universidades inglesas e americanas. Descubriu o efecto que leva o seu nome (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de chinches mariñas da familia dos halobátidos. Forma grandes aglomeracións moi lonxe das costas. Atópanse sobre a superficie mariña sen quebrar a película de auga grazas á tensión superficial, para facilitala están provistas dunhas patas rematadas nunha almofadiña de pelos que repelen a auga. Nunca penetran nela nin tan sequera para cazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos halobátidos.

    2. Insecto da familia dos halobátidos.

    3. Familia de insectos heterópteros. Caracterízanse por habitar a superficie da auga ou entre as plantas acuáticas. Presentan corpo alongado e estreito, cabeza e antenas longas e as patas delgadas terminadas nuns pelos repelentes da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento militar que sostiveron o 14 de outubro de 1066 as tropas do Rei Harold II de Wessex e as de Guillerme II de Normandie. Trala derrota de Harold II, Guillerme proclamouse rei de Inglaterra co nome de Guillerme I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición política vasca constituída a partir da denominada Mesa de Alsasua, coalición electoral formada en 1978 polos partidos nacionalistas Asociación Nacionalista Vasca (ANV), Euskal Socialista Biltzarrea (ESB), Partido Socialista Revolucionario Popular (Hasi) e Partido de los Trabajadores Patriotas (Laia). O seu programa electoral baseábase na alternativa KAS (Koordinadora Abertzale Sozialista), que reclamaba a autodeterminación e a unificación con Navarra. Acadou escanos en todas as convocatorias electorais e en Euskadi constituíuse como a terceira forza política. Tralas eleccións de 1996, a coalición foi acusada de colaboración con ETA a consecuencia da emisión dun video electoral elaborado pola banda terrorista, e os membros da Mesa Nacional foron xulgados e condenados a prisión. En 1998 integrouse na coalición Euskal Herritarrok e en 2001 reapareceu como Batasuna, pero en 2003 o Tribunal Supremo ilegalizou as tres formacións, que estaban recollidas na lista de organizacións terroristas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hidrobátidos.

    2. Paxaro da familia dos hidrobátidos.

    3. Familia de paxaros da orde dos proceraliformes, de dimensións pequenas e de plumaxe escura que presentan os condutos nasais soldados nun tubo único, con septo, e no bordo posterior do esterno sen escotaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO