"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PERSOEIRO
Ximnasta. No ano 1949 gañou o Campionato Absoluto de España e de Catalunya, e retivo o título durante dous anos consecutivos; conseguiu o título individual en todas as especialidades. No 1957 gañou o Campionato Absoluto de Europa. Morreu en accidente de aviación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e crítico literario italiano. Existencialista católico, da súa obra cómpre subliñar Della letteratura e altri saggi (Da literatura e outras sabedorías, 1953), La religione di Serra (A relixión de Serra, 1967) e Aspettando il vento (Agardando o vento, 1976). No ano 1945 publicou un estudo acompañado dunha tradución de poesías de F. García Lorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Adscrito ao Modernismo, traballou na cidade da Coruña onde deseñou edificios na rúa Bailén 8, san Nicolás 11 e 13, santo Andrés e na Barreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Siloxismo da terceira figura, que aparece na lóxica aristotélico-escolástica, no que a premisa maior e a conclusión son particulares negativas, e a premisa menor, universal afirmativa ( modo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
bocarte.
-
-
Costa non moi pronunciada que baixa ata un val próximo ao mar ou a un río.
-
Zona xeográfica comprendida entre unha ribeira do mar ou do río e unha montaña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño que pode acadar ata 20 cm de lonxitude, coa boca grande e o maxilar superior moito máis saínte ca o inferior. A aleta dorsal sitúase no medio do corpo, entre as pélvicas e a anal. É de cor verdosa ou azulada, cos flancos prateados. Pasa o inverno en augas profundas, achégase na primavera ás zonas litorais para desovar e permanece preto da costa ata finais de outono. Distribúese polo Mar Mediterráneo e polo Océano Atlántico, dende Marrocos ata o Mar do Norte, onde se alimentan de plancto. Os bocartes péscanse de noite con redes, atraéndoos mediante luces. Ten unha grande importancia económica; a súa forma salgada é a anchoa. Tamén é importante ecoloxicamente, xa que dependen del gran número de especies de aves mariñas. A súa carne graxa e saborosa é moi apreciada. Boa parte do que se captura destínase á industria conserveira para facer as anchoas. Frescos admiten diversas preparacións: fritos, en adubo ou en vinagre.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e xornalista alemán moi prolífico. Conxugou o Expresionismo das súas primeiras producións coa propaganda nazi e as comedias musicais da posguerra. Realizou, entre outras moitas películas: Farmer Borchard (O granxeiro Borchard, 1918), Ein kind-ein Hund (Un can moi novo, 1923), Kinder der Strasse (Nenos da rúa, 1928), Theodor Körner (1932), Engel mit kleinen Fehler (Anxo con pequenos erros, 1936), Hochzeitsnacht (Tras moito tempo, 1941), Die spanische Fliege (A mosca española, 1955) e Vater macht Karriere (O pai fai carreira, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Trátase dun dos mellores representantes do cine americano. Destacou pola súa produción 7 Men from now (Sete homes de agora, 1956), cando xa contaba con moitas realizacións. Traballou en Hollywood para Columbia, Eagle Lion e a Universal. Realizou unha serie de filmes de moita calidade, producidos por Harry Joe Brown con guións de Burt Kennedy. Dirixiu, entre outras películas: One mysterious night (A primeira noite misteriosa, 1944), Black midnight (Medianoite negra, 1949), Comanche station (Estación comanche, 1960) e A time for dying (Un tempo para agonizar, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiveiro e historiador. Escribiu Los condes de Barcelona vindicados (1836) e iniciou a publicación da Colección de documentos inéditos del Archivo General de la Corona de Aragón (1847-1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Investigador en arquitectura e en deseño de cidades, formouse na Escola de Arquitectura de Barcelona e, posteriormente, na Universidade de Xenebra. Cun equipo de arquitectos, deseñadores, enxeñeiros, sociólogos e filósofos, creou o Taller d’Arquitectura (Barcelona, 1963), que actualmente conta cun equipo internacional con proxectos construídos en Europa, África, Xapón e EE UU. As súas realizacións e as do seu equipo caracterízanse por unha valoración expresionista dos elementos construtivos e seriais; nos últimos tempos recorre ás linguaxes históricas, especialmente ao Clasicismo. O taller aborda proxectos de deseño urbano, equipamentos culturais, comerciais e deportivos, vivendas e oficinas, arquitectura de interiores e deseño de mobles. Realizou estudios de planificación urbana para Luxemburgo, Bordeos, Boloña, Madrid, Boston, Kobe (Xapón) e Nan Sha (China). No eido das infraestruturas, levou a cabo o novo Aeroporto de Barcelona (1982), o Palacio de Congresos de Madrid (1995)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación humorística, tirada na cidade de Vigo a partir do 20 de novembro de 1884. Foi o órgano informativo e publicitario da Sociedade Carnavalesca de Vigo. De carácter informativo e publicitario, daba conta das actividades que a sociedade organizaba. Os seus artigos caracterizábanse polos seus tons sarcásticos e humorísticos. O primeiro número foi vendido no Teatro Tamberlik durante unha función ofrecida polo cadro de declamación da sociedade. O seguinte número foi repartido tres días máis tarde, o domingo 23, co gallo dunha nova velada teatral. Non se teñen novas da saída de posteriores números e tampouco se conserva ningún exemplar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual en castelán aparecida en xaneiro de 1953 na vila de Carballiño. Editado pola imprenta Hodire, encargábase da súa administración e redacción a Secretaría Municipal do Carballiño. Contaba coas seccións “Vida Corporativa”, “Noticiario Municipal”, “Hace 50 años” e “Hace 100 años”. Trátase do primeiro boletín municipal da posguerra na provincia. Tiña unha tiraxe de 600 exemplares e nel incluíase información municipal e estatísticas en xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor de Barcelona. En 1505 adquiriu unha imprenta propia e traballou con Luschner. Publicou o vocabulario latino-catalán de Nebrija (1507) e tamén edicións baratas de libros de grande tiraxe, amais de obras de autores como Ausiàs March, Juan Boscán e Garcilaso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral cartaxinés. Durante a invasión de Cartago por parte de Agatocles de Siracusa foi nomeado xefe do goberno xunto con Hannón. Posteriormente tentou erixirse en tirano, pero non o conseguiu e foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Napoleón III.
-
-
Aboar un banco unha cantidade de diñeiro superior aos xuros pactados con anterioridade co cliente ou deducila dos xuros que ten que pagar este, como recompensa dunha operación ou como estímulo para unha operación nova.
-
Premiar a alguén polo seu esforzo nalgún labor, deporte ou en calquera outra actividade.
-
Facer mellor ou máis útil algunha cousa, especialmente máis produtiva.
-
Desecar un terreo húmido ou pantanoso para convertelo en terreo apto para a explotación agrícola. Polas súas repercusións negativas sobre os ecosistemas palustres este método quedou en entredito.
-
-
PERSOEIRO
Político hondureño. Xefe do partido liberal, foi Presidente da República entre 1894 e 1898. No seu mandato, Honduras, El Salvador e Nicaragua constituíron a República Mayor de Centroamérica (1895), que se disolveu en pouco tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Baixo a influencia de Madame de Staël publicou Voyage sur la scène des six derniers livres de l’Enéide (Viaxe sobre a escena dos seis últimos libros da Eneida, 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de San Jaime. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Afonso Carlos I, irmán de Carlos VII. En 1871 casou con María das Neves de Braganza, infanta de Portugal. Durante a Terceira Guerra Carlista foi designado capitán xeneral das forzas de Catalunya (1872-1876). En 1931, ao morrer sen fillos o seu sobriño Xaime, converteuse en pretendente. Rompeu as negociacións que iniciara co destronado Afonso XIII e mostrouse de acordo coa entrada dos carlistas no levantamento de 1936. Morreu sen fillos, deixando irresoluta a súa sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO