bocarte

bocarte

(

Nome científico: [Engraulisencrasicholus, Fam dos engráulidos]
s m [ANIMAL/ICT]

Peixe mariño que pode acadar ata 20 cm de lonxitude, coa boca grande e o maxilar superior moito máis saínte ca o inferior. A aleta dorsal sitúase no medio do corpo, entre as pélvicas e a anal. É de cor verdosa ou azulada, cos flancos prateados. Pasa o inverno en augas profundas, achégase na primavera ás zonas litorais para desovar e permanece preto da costa ata finais de outono. Distribúese polo Mar Mediterráneo e polo Océano Atlántico, dende Marrocos ata o Mar do Norte, onde se alimentan de plancto. Os bocartes péscanse de noite con redes, atraéndoos mediante luces. Ten unha grande importancia económica; a súa forma salgada é a anchoa. Tamén é importante ecoloxicamente, xa que dependen del gran número de especies de aves mariñas. A súa carne graxa e saborosa é moi apreciada. Boa parte do que se captura destínase á industria conserveira para facer as anchoas. Frescos admiten diversas preparacións: fritos, en adubo ou en vinagre.

Sinónimos

Formas incorrectas

mocarte