"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • FILOSOFOS

    Filósofo e economista ruso. Coñecido como Bogdanov, desenvolveu un sistema propio chamado empiriomonismo, influído por W. Ostwald e E. Mach. Substituíu a teoría dialéctica marxista por unha transformación creadora da realidade e a idea da revolución pola dunha constante elevación da cultura proletaria. Das súas obras destacan Empirjomonizm (1904-1906) e Tektologija (1913-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan Ural’skikh rasskazakh (Contos dos Urais, 1889), onde describe o crecemento tumultuoso do capitalismo nos Urais, a ruína do pobo fronte ao capital ou a descomposición moral, Čerti iz žizni Pepko (Partes da vida de Pepko), de carácter autobiográfico, e Alenuskiny skazki (Contos de Alena, 1894-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, deseñador e artista gráfico ruso. Coñecido como El Lissitzky, definiuse como construtivista e comezou a facer construcións en que combinaba unha perspectiva imaxinaria coa abstracción xeométrica. Exiliado en Berlín (1922) e Suíza (1926), traballou na fotografía aérea e na fotocolaxe. Cofundador da revista USSR in Constrution (1932-1938) con Rodchenko, traballou en libros de deseño, espacios para mostras e escribiu Historia de dous cadros (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor croata. É autor de poemas épicos, como Kohan i Vlasta (1868), dramas históricos, como Karlo Drački (1872), e poemas. Ademais, editou diversos estudios sobre estética, como O desenvolvemento e o contido da estética xeral (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro. Coñecido como Ovidio Murguía, integrouse na chamada Xeración Doente. Formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago desde 1887, onde tivo como mestre a J. M. Fenollera. Autorretratouse en Tarde de invierno en el Sarela e as súas primeiras obras caracterizáronse polo emprego dunha variada e brillante gama cromática, da que destaca Feria de Santa Susana (1982?). En 1895 trasladouse coa súa familia á Coruña, onde estableceu o seu primeiro estudo e onde se deu a coñecer expoñendo nos escaparates dos comercios. En 1897 viaxou a Madrid para ampliar a súa formación e instalouse na casa do seu amigo Alejandro Pérez Lugín, quen lle facilitaría o contacto coa elite intelectual e política do momento. Dedicouse fundamentalmente á temática paisaxista (Sierra de Guadarrama) e costumista (Campesina lavando, 1895). As súas   visitas aos exteriores madrileños combináronse coas visitas ao Museo del Prado e coas clases no Círculo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Abandonou o convento franciscano de Szászvár e viaxou a París, onde se adheriu ás ideas democráticas de Jean-Jacques Rousseau. Membro dos Xacobinos Húngaros, organizou unha conxuración para derrocar o absolutismo en Hungría. Detido en Viena (1794), foi decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atamán dos cosacos de Ucraína. Estivo do lado do tsar Pedro I de Rusia   no comezo da Guerra Nórdica (1700-1721), pero coa intención de asegurar a independencia de Ucraína, asinou un acordo con Carlos XII de Suecia. Vencérono xunto cos suecos en Poltava (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Il Ferratese, traballou en Ferrara ao servizo dos duques de Este e a súa obra caraterizouse por un realismo rigoroso. Pintou Cristo tra i dottori (1524) e Resurrezione di Lazzaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico ruso. Percorreu o país recollendo unha perspectiva lúcida e irónica da revolución socialista. Das súas obras destacan Scast’e (A felicidade, 1934), Čudesnica (A nena dos milagres, 1936) e Osvobozhdyonnaya zemlya (Terra liberada, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. Foi o autor dos dramas históricos Carskaja nevesta (A promesa do tsar, 1849) e Pskovitjanka (A moza de Pskov, 1860), que serviron de base ás óperas de Rimskij-Korsakov do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como George Balanchine, cada unha das súas coreografías realizábase harmoniosamente en estreita relación coa música. Actuou no Ballet de D’aghilev e no Ballet Ruso de Montecarlo, e en 1934 instalouse en Nova York. Fundou a School of American Ballet e o New York City Ballet (1948). Das súas coreografías, de estilo neoclásico, destacan The Nutcracker (1954) e Don Quixote (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Describiu a vida e o ambiente dos sectarios do rito antigo Raskol na ribeira do Volga, e tamén o medio despótico e cobizoso dos comerciantes. Compuxo os tres volumes Sbornik postanovlenij otnosjaščikhsja k raskolu (Compilación de todas as disposicións referentes ao cisma, 1860-1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico ruso. Estableceu unha clasificación periódica dos elementos químicos coñecidos nese momento (63), que dispuxo por orde crecente de pesos atómicos. O primeiro esbozo (marzo de 1869) foi seguido por unha clasificación máis esmerada (xaneiro de 1871), que non é moi diferente da táboa periódica moderna. Grazas a esta, púidose fixar con exactitude o peso atómico e as propiedades físico-químicas dalgúns elementos e prever a existencia doutros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Meroveo, á súa dinastía ou á súa época.

    2. Membro da primeira dinastía dos reis francos que reinou durante tres séculos. Coñecidos como primeira raza, a súa orixe parece provir dun xefe dos francos salios chamado Clodio, que foi derrotado polos romanos en 446 e que morreu aproximadamente ao ano seguinte. Deixou como sucesor un fillo ou parente próximo seu, chamado Meroveo, que lle deu nome á dinastía. Sucedeuno o seu fillo Khilderico I e a este o seu fillo Clodoveo I, un dos reis máis destacados desta liñaxe, que unificou, baixo o seu dominio, varios territorios francos, pero á súa morte (511) os seus fillos repartiron os estados paternos. A historia desta dinastía está chea de loitas e violencias. Clotario II en 613 conseguiu unha certa unidade, aínda que durou pouco e Clodoveo II e Clotario III, a mediados do s VII, volveron restaurala. Desde comezos deste século, os verdadeiros señores dos reinos merovinxios foron os mordomos de palacio ata que Pipino I o Breve conseguiu converterse en rei en 751 e fundar a...

    3. Arte desenvolvida na Galia durante o goberno dos reis merovinxios. En arquitectura destacan as igrexas sen bóveda, de tipo basilical, como a de Saint Pierre de Vienne do Delfinado, a cripta de Saint Paul en Jouarre (Île-de-France) e o baptisterio de Saint Jean de Poitiers. En escultura destacan os relevos do hipoxeo de Mellebaude (Poitiers) e os capiteis da cripta de Jouarre. En ourivaría hai que salietar o tesouro de Khilderico en Tournai.

    4. Escritura latina das chamadas nacionais, utilizada no centro e o N de Francia do s VI ao VIII. As súas variedades derivaron da cursiva romana nova e, no caso da cursiva, evolucionou da escritura dos chanceleres do Baixo Imperio Romano. A característica común é un trazado a miúdo sinuoso e pouco esquemático, cheo de nexos cursivos caligrafados. As formas merovinxias desapareceron ao xurdir a escritura carolinxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e gravador croata. Naturalizado estadounidense, destacou como escultor de monumentos, desenvolvendo un estilo clasicista. Das súas obras sobresae o enorme mausoleo en conmemoración ao Soldado Descoñecido de Belgrado (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, científico e folclorista ucraíno. Doutor en Filoloxía Eslava polas universidades de Khàrkiv e Kiev, escribiu poesía de xénero histórico-romántico e sobre temas diversos. Destacan as obras Sirótnika (O orfo) e Dobruj den (Bos días).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de proxeccións microscópicas da membrana celular dos epitelios; miden entre 2 e 4 m de lonxitude e aumentan a superficie de absorción. Recobren o epitelio da parede interna do intestino delgado, dos túbulos renais e do tracto respiratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar serbio. Organizou (1941) a guerrilla contra os ocupantes alemáns pero o seu anticomunismo enfrontouno a Tito. Foi ministro de Guerra no goberno do exilio (1942), pero perdeu a axuda dos aliados (1943), o que o levou a colaborar cos ocupantes. Ao rematar a guerra, foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como Michel Fokine, estudou na escola imperial de ballet do teatro Mariinskij. Presentado a Diaghilev por A. Benois, foi primeiro bailarín e coreógrafo dos Ballets Rusos (1909-1914). Abandonou Rusia durante a revolución (1918) e estableceuse primeiro en Escandinavia e despois en EE UU. O seu estilo caracterizouse por potenciar a acción dramática e a expresividade integral do bailarín. As súas coreografías máis destacadas foron As sílfides (1908), Petruska (1911), A valsa ou O espectro da rosa (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Moscova. Coñecido como Pimen, foi consagrado bispo en 1957 e ocupou as sés de Odessa, Dimitrovgrad e Tula. Membro do Santo Sínodo, foi elixido metropolita de Leningrado e Ladoga (1961) e posteriormente (1963) de Kruticij e Kolomna. Representante oficial do Patriarca Aleixo (1970), en 1971 o sínodo da Igrexa rusa elixiuno patriarca de Moscova e de todas as Rusias.

    VER O DETALLE DO TERMO