"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘bacallao’ e ‘peixe’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bacallao’.
-
GALICIA
Sacerdote guerrilleiro na Guerra da Independencia coñecido como o abade de Valadares. Estudiou en Monforte de Lemos e foi ordenado en 1870. Nomeado abade de Valadares, tomou o mando como comandante xeral das forzas opositoras á invasión napoleónica. En 1811 concedéuselle o título de cabaleiro da Orde de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Intelectual preocupado polos problemas do campo, interveu nas Asembleas de Monforte e en Solidaridad Gallega. Publicou, ao longo de moitos anos, numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de Papeletas e Papeletas cervantinas, xunto con outros artigos relacionados coa historia galega, mosteiros e vías romanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo moi fino feito con nailon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne, lampiña, de follas alternas e cordiformes, talos estriados, raíces a miúdo tuberosas e flores tubulosas. É rica en alcaloides e esencias, e desprende un cheiro forte. Empregábase para facilitar o parto e contra moitas afeccións. Atópase amplamente distribuída en Galicia en matogueiras aclaradas e terras cultivadas.
-
-
Que pertence á familia das aristoloquiáceas.
-
Planta da familia das aristoloquiáceas.
-
Familia de plantas da orde das aristoloquiais integrada por sete xéneros que comprenden máis de 600 especies de plantas herbáceas ou leñosas, a miúdo gabeadoras, distribuídas por todo o mundo sobre todo nos trópicos. Son moi apreciadas como plantas ornamentais. Pertence a esta familia a aristoloquia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide tóxico que se extrae dalgunhas aristoloquias. Causa paradas cardíacas e respiratorias e ten uso medicinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de quinina que se emprega en medicina.
-
PERSOEIRO
Aeronauta francés. Con Pilâtre de Rozier fixo a primeira ascensión en globo libre o 21 de novembro de 1783. Saíron do castelo de La Muette, atravesaron París e aterraron en Butte-aux-Cailles.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Gracioso ou bufón que forma parte dalgunhas compañías de acróbatas.
-
Persoa vestida con este traxe de cadros ou rombos de distintas cores baseado no personaxe cómico da antiga comedia italiana. Este traxe e moi frecuente como disfrace de entroido.
-
Persoa informal ou de pouca personalidade.
-
Macrocoleóptero de longas antenas, con élitros manchados de negro, vermello e pardo, que teñen un aspecto arlequinado. Son propios das zonas ecuatoriais de América do Sur.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe propio da antiga comedia italiana (Commedia dell’arte). Os especialistas teñen subliñado diversas procedencias con respecto a este arquetipo. A miúdo, foi caracterizado como covarde, lambeteiro, compoñedor e moi espelido. Representa a un criado chegado de Bérgamo, gandulo, arteiro e sempre famento. A súa mímica e a xesticulación, que poden chegar ata a acrobacia, o vestido feito de pezas de todas as cores, o sombreiro, a media máscara negra e a espada de madeira foron fixando unha fisonomía que no s XVIII tomou forma definitiva. Máis sutil e refinado pasou a Francia e a Inglaterra, onde protagonizou as arlequinadas. A súa presenza na literatura dramática galega é anecdótica, aínda que se deixa sentir nos textos A grande noite de Fiz (1994) de Miguel Anxo Murado e na versión da Commedia (1995) de Carlo Goldoni realizada por Cándido Pazó.
-
-
Xénero teatral desenvolvido principalmente en Inglaterra no s XVIII, inspirado na Commedia dell’Arte. Arlequín, namorado de Colombina, representaba o papel de protagonista ata que no s XIX foi desprazado por Pantalone.
-
Comportamento propio dun arlequín, acción ridícula ou burlesca.
-
-
-
Que é propio do arlequín ou pertencente a el.
-
De moitas cores, que lembra o vestido do arlequín.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación anual en occitano, fundada en Aviñón en 1855, que seguiu editándose baixo formas diversas. Órgano principal do felibrismo, propúxose iniciar ao lector no renacemento literario do provenzal. Mistral publicou nel traballos en prosa e verso, e contribuíu a darlle un estilo peculiar, chamado “prosa de Armana”.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Estado cristián formado a partir do s XI na costa sur-leste de Asia Menor, na antiga Cilicia, por migración dos armenios dos vales altos do Éufrates. Inimigo de Bizancio, os seus intereses achegárono aos estados latinos de Grecia fundados polos croatas. O príncipe bagrátida León II obtivo do Emperador romano-xermánico Enrique VI o título de Rei (1198); introduciu as institucións feudais e uniu a igrexa nacional á sé romana, declarándose vasalo dela. Final da ruta comercial que dende a India chegaba ao Mediterráneo a través de Persia e Armenia, durante o s XII acadou unha gran prosperidade económica. A presión islámica fixo que o Rei de Armenia Haitó I buscase axuda en Occidente, entre outros, no Rei Xaime de I de Aragón o Conquistador (1265). A caída de Antioquía (1268) acentuou o papel de Armenia como vía de penetración da Europa latina cara á Asia central. Entre os numerosos viaxeiros europeos que pasaron polo importante porto de Aleás, cómpre salientar a diversos embaixadores...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de arquear.
-
-
Darlle figura de arco a algunha cousa.
-
Tomar algunha cousa forma de arco.
-
Poñerse ou coller coa figura de arco.
-
-
-
Facer o arqueo dun navío.
-
Computar os bens dunha caixa ou dunha conta.
-
alorar e taxar os dereitos que, segundo arancel, acredita a alfándega polo material flotante que se introduce nun porto.
-
-
-
Que ten arquegonios.
-
Planta do grupo das arquegoniadas.
-
Gran grupo de vexetais integrado por plantas que presentan arquegonios típicos. Comprende os briófitos e os pteridófitos.
-