Arlequín

Arlequín
Nome científico: [it: Arlecchino]

Personaxe propio da antiga comedia italiana (Commedia dell’arte). Os especialistas teñen subliñado diversas procedencias con respecto a este arquetipo. A miúdo, foi caracterizado como covarde, lambeteiro, compoñedor e moi espelido. Representa a un criado chegado de Bérgamo, gandulo, arteiro e sempre famento. A súa mímica e a xesticulación, que poden chegar ata a acrobacia, o vestido feito de pezas de todas as cores, o sombreiro, a media máscara negra e a espada de madeira foron fixando unha fisonomía que no s XVIII tomou forma definitiva. Máis sutil e refinado pasou a Francia e a Inglaterra, onde protagonizou as arlequinadas. A súa presenza na literatura dramática galega é anecdótica, aínda que se deixa sentir nos textos A grande noite de Fiz (1994) de Miguel Anxo Murado e na versión da Commedia (1995) de Carlo Goldoni realizada por Cándido Pazó.