"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio das fontes históricas relativas aos santos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de medida, en desuso, da intensidade luminosa empregada en Alemaña. É a intensidade dunha lámpada, chamada de Hefner, que queima acetato de amilo, e que equivale a 0,9 cd.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da Astronomía dedicada ao estudo das ondas sísmicas xeradas no interior do Sol. Do seu estudo obtense información sobre o funcionamento interno da estrela e dos procesos que orixinan as reaccións nucleares e o vento solar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da zooloxía que trata do estudo e a descrición dos helmintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nutrición a base de sangue. É propia dalgúns parasitos do home (percebellas, pulgas ou piollos) e doutros animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina dedicada ao estudo dos elementos do sangue e ao estudo clínico e ao tratamento das enfermidades producidas polas alteracións destes elementos. Ás técnicas hematolóxicas habituais (contas globulares ou estudios de frotis sanguíneos e medulares), uníronselle os avances da bioloxía, da química e da electrónica, que permitiron novos estudios de antíxenos e de anticorpos, de cultivos de tecidos, etc, á vez que se fixeron numerosos estudios sobre a coagulación sanguínea. Estes avances repercuten no estudo clínico dos trastornos comunmente chamados enfermidades do sangue. Os transplantes de medula ósea mostráronse eficaces no tratamento dalgunhas destas enfermidades e de certas aplasias medulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
xaqueca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome caracterizada pola abolición da mobilidade voluntaria dunha metade do corpo, debida a unha lesión dos centros nerviosos. Denomínase alterna cando afecta a unha metade da cara e á contraria do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio ou tratado das células do sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saída de sangue, máis ou menos abundante, fóra dos vasos que o conteñen a consecuencia dun traumatismo ou de trastornos da coagulación. Segundo o tipo de vasos lesionados polo traumatismo, a hemorraxia é arterial (sangue vermello), venosa (sangue de cor escura) e capilar (puntos vermellos). É externa cando o sangue sae do corpo a través dunha apertura natural ou pola ruptura da pel, e interna cando o sangue flúe no interior dunha cavidade ou tecido. Segundo a súa localización algunhas hemorraxias reciben nomes específicos; así, denomínase hemoptise á broncopulmonar ou epistaxe á nasal. Pola súa presentación pode ser aguda, con perigo de chegar a un estado de choque, ou crónica, que pode dar lugar á aparición dun estado de anemia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio das festas relixiosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor no fígado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inactividade ou insuficiencia hepática e autointoxicación que resulta dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do fígado e das enfermidades que lle afectan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia do fígado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio histórico e doutrinal sobre os herexes.
-
-
Doutrina ou sistema teolóxico rexeitado por consideralo falso a autoridade eclesiástica. Entre as numerosas herexías coas que se enfrontou o cristianismo durante os primeiros séculos, hai que destacar o docetismo, o marcionismo, o montanismo, o adopcionismo, o sabelianismo, o arianismo, o apolinarismo, o nestorianismo, o monofisismo, o donatismo, o pelaxianismo e o gnosticismo. A persecución e represión violenta das doutrinas consideradas heréticas, dos heresiarcas e dos herexes, converteuse nunha práctica habitual desde o momento en que o cristianismo se converteu en relixión oficial do Imperio Romano. No s XIII a Igrexa empezou a servirse da Inquisición para combater as herexías e, despois da Reforma, continuou denunciando as doutrinas que consideraba heréticas. Co desenvolvemento do ecumenismo, a Igrexa Católica eliminou a cualificación de heréticas para referirse ás igrexas reformadas.
-
Opinión enfrontada aos principios dunha ciencia ou arte.
-
Inxuria ou blasfemia feita contra algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da zooloxía que estudia os anfibios e os réptiles desde o punto de vista anatómico-morfolóxico, filoxenético, evolutivo, embriolóxico, fisiolóxico e ecolóxico.
-
-
Condición de heterodoxo.
-
Pensamento, doutrina ou actitude heterodoxos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición de heterólogo.