hemiplexía

hemiplexía

(< gr ἡμιπληγία)

s f [PAT]

Síndrome caracterizada pola abolición da mobilidade voluntaria dunha metade do corpo, debida a unha lesión dos centros nerviosos. Denomínase alterna cando afecta a unha metade da cara e á contraria do corpo.