"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oroso baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba da raña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino derivado do latín eclesiástico angelica ‘anxelical’. Aínda que poida ter unha orixe popular relacionada coa devoción polos anxos, a súa difusión foi máis ben literaria e procede da cultura italiana. Levaban este nome, por exemplo, a protagonista do Orlando furioso de Ariosto, o pintor toscano frei Angelico (s XV) e a ópera de G. Puccini La sorella Angelica. Non hai ningún santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe literario do Orlando innamorato de Matteo Boiardo e do Orlando furioso de Ludovico Ariosto. Raíña de Catai, de gran beleza e poder de sedución, foi levada a Europa, pero ela menosprezou aos cabaleiros que a pretendían e voltou ao seu país con Medoro, un mozo soldado sarraceno. A partida de Anxélica motivou a loucura de Orlando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo aos anxos.

    2. Que semella un anxo pola súa bondade, candor, inocencia ou beleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos anxos, da natureza deles.

      2. salutación anxélica

        Avemaría.

    1. Composto que se atopa en forma de éster na raíz de plantas do xénero Angelica. Era utilizada en medicina como sedante.

    2. Sobrenome dado polos escolásticos a san Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter en anxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bizantina que deu senllas dinastías ao Imperio de Bizancio (1185-1204) e ao Despotado do Epiro (1204-1318). Estas dinastías foron fundadas por dous netos do matrimonio entre Constantino Ánxelo e Teodora: por unha banda, Isaac II Ánxelo, fillo de Andrónico, proclamado Emperador despois de derrocar ao derradeiro dos da dinastía dos Comneno, foi destronado polo seu irmán Aleixo III no 1195, restablecido no 1203 e deposto novamente no 1204; pola outra banda, Miguel, fillo ilexítimo do Sebastocrátor Xoán, fundador do Despotado do Epiro, onde a dinastía dos Ánxelo perdurou ata 1318.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tordoia baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Anjou ou a Angers.

    2. Habitante ou natural de Anjou ou de Angers.

    3. Variedade do francés falado en Anjou e Maine.

    4. Relativo ou pertencente aos condados e aos ducados de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘vaso’ ou ‘receptáculo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dilatación por calquera causa dun vaso sanguíneo ou linfático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e funcionario da corte carolinxia. Membro da Academia Palatina coñecido polo alcume Homero que compuxo poemas históricos. Abade laico de Centula (790), ou Saint-Riquier, foi o restaurador da abadía, que baixo o seu goberno coñeceu a súa época máis florecente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Inflamación total ou parcial do istmo da farinxe. Pode representar o proceso principal dun cadro clínico ou ben simplemente un aspecto común a diversas enfermidades, sobre todo infecciosas, como a mononucleose infecciosa. A anxina aguda catarral é a máis común; de orixe estreptocócica, provoca tumefacción e cor vermella do veo e dos piares palatinos (anxina vermella), disfaxia, febre e dor de cabeza. A anxina crónica é unha secuela da anxina aguda e pode ser o punto de partida doutras enfermidades infecciosas graves (febre reumática, nefrite, septicemias tonsilóxenas, etc). A anxina flegmonosa é a causada polo flegmón ou absceso da amígdala. A anxina herpética caracterízase pola formación na farinxe de pequenas vesículas que despois se ulceran. A anxina lacunar ou folicular tamén se produce xeralmente por unha infección estreptocócica; as amígdalas, encarnadas e tumefactas, adoitan presentar manchas dun branco amarelado (anxina...

      2. anxina abdominal/intestinal

        Cadro de dor abdominal causada por unha diminución da irrigación sanguínea dos intestinos, xeralmente provocada por unha arteriosclerose das arterias mesentéricas.

      3. anxina de Ludwig

        Inflamación flegmonosa da base da boca. É consecuencia da supuración da glándula salival submaxilar.

      4. anxina de peito

        Síndrome caracterizada pola dor ou constrición na rexión anterior do tórax, en xeral en forma de crises breves, que ás veces van acompañadas de angustia e de sensación de morte inminente. Aparece relacionada cos esforzos físicos e as emocións. A anxina de peito é estraña antes dos corenta anos; a máxima frecuencia obsérvase entre os cincuenta e os setenta anos. É máis frecuente entre os homes que entre as mulleres. A causa da anxina de peito é a falta momentánea da cantidade suficiente de sangue nunha porción do músculo cardíaco. No 95% dos casos prodúcese pola oclusión ou redución do diámetro das arterias coronarias por arteriosclerose e, excepcionalmente, por outras causas. No outro 5% prodúcese por cambios da hemodinámica cardíaca ou empobrecemento do sangue. O mellor tratamento da crise é a nitroglicerina por vía sublingual e outros nítridos de acción rápida. A anxina de decúbito é a anxina de peito que se manifesta cando o enfermo adopta esta postura, sobre todo na cama, e...

      5. amigdalite.

    1. Enfermidade dos animais de pata redonda que consiste na inflamación, especialmente, das primeiras vías respiratorio-dixestivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a calquera clase de anxina.

    VER O DETALLE DO TERMO