anxélico -ca

anxélico -ca

(< lat angĕlu < gr ἄγγελος ‘mensaxeiro’ +-ico)

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos anxos, da natureza deles.

      Sinónimos: anxelical. Confrontacións: inocente.
    2. salutación anxélica [RELIX]

      Avemaría.

  1. ácido anxélico [QUÍM]

    Composto que se atopa en forma de éster na raíz de plantas do xénero Angelica. Era utilizada en medicina como sedante.

  2. doutor anxélico

    Sobrenome dado polos escolásticos a san Tomé de Aquino.

Palabras veciñas

Anxélica | Anxélica | anxelical | anxélico -ca | anxelizar | Ánxelo | Ánxelo