"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ribosa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico constituínte do complexo vitamínico B. Esencial para o crecemento, a súa falta ocasiona unha síndrome semellante á pelagra. Está moi difundida na natureza e dáse no lévedo, na carne e noutros produtos. OBS: Tamén se denomina vitamina B2 lactoflavina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endonuclease que hidroliza os enlaces entre os hidroxilos 5’ e o ácido fosfórico unido a un nucleótido pirimidínico dos ARN.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de ácidos formados por numerosos nucleósidos unidos entre eles mediante o ácido fosfórico. O ARN contén catro tipos de bases (adenina, guanina, citosina e uracilo) e é sintetizado no núcleo durante a transcrición. Existen tres tipos principais: o ARN mensaxeiro (ARNm), o ARN ribosómico (ARNr) e o ARN de transferencia (ARNt). O ARNt actúa como molécula transportadora de aminoácidos específicos durante a síntese proteica no ribosoma, mediante a formación de aminoacil-ARNt. Nun extremo da súa cadea todos teñen o mesmo trinucleótido (dúas citosinas e unha adenina) e no outro extremo teñen un resto de ácido guanílico. Existen probas da existencia de formas de ARN de cadea dobre, como é o caso do cromosoma de certos virus. A función do ARN de transferencia consiste en facer coincidir cada aminoácido diante do cordón de ARN mensaxeiro que lle corresponde segundo o código xenético. O ARN pode actuar como catalizador e realizar funcións de transmisión de información e de catálise....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleósido formado por unha ribosa e unha base nitroxenada que cando se une a un ou a varios grupos fosfatos se transforma en ribonucleótido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nucleótido que está formado por unha base nitroxenada, unha molécula de ribosa e un ou varios grupos fosfatos.

    2. Nome xenérico que reciben os ácidos inosínico e guanílico e os seus sales sódicos, que se utilizan como aditivos alimentarios en calidade de reforzantes do aroma e o sabor de certas conservas e sobre todo de moitos produtos cárnicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldopentosa que está presente nos nucleótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleótido que contén ribosa. Destacan os coenzimas dinucleótidos, como o dinucleótido flavina-adenina (FAD) e o dinucleótido adenina-nicotinamida (NAD).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo celular que ten por función a síntese de proteínas e, por tanto, un papel de primeira orde no crecemento celular. Atópase abundantemente en todas as células vivas, nas eucariotas, adheridos á superficie externa do retículo endoplasmático rugoso, pero tamén libres no hialoplasma, illados ou dispostos en cadeas de 5 a 40 ribosomas, formando os polisomas. Cada ribosoma está constituído por dúas subunidades corpusculares diferentes, firmemente unidas, formadas por un composto proteico e por unha cadea de ARN ribosómico. A superficie da subunidade máis pequena adhírese ao ARN mensaxeiro, mentres que a máis grande pode adherirse ao retículo endoplasmático rugoso. Os ribosomas participan na síntese proteica lendo os ARN mensaxeiros e, unindo os aminoácidos que corresponden, van formando as cadeas proteicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Conselleiro de estado (1875) e deputado republicano (1878-1885 e 1887-1809), foi xefe do Parti Républicain Modéré. Ministro de Asuntos Exteriores (1890-1893), ocupou outros ministerios e foi xefe de goberno varias veces (1892-1893, 1895, 1914 e 1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo francés. Considerado o iniciador da psicoloxía positivista e experimental francesa, centrouse no estudo da psicoloxía patolóxica. Das súas obras destacan Les maladies de la mémoire (1881), Les maladies de la volonté (1883), Les maladies de la personnalité (1885) e Essais sur la passion (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Estudou (1945-1948) e traballou (1948-1952) como enxeñeiro ata que abandonou a súa carreira pola fotografía (1953). Formou parte da Axencia Magnum (1955), onde foi presidente (1975). Foi o primeiro fotógrafo que entrou en China (1957). Viaxou por Vietnam, URSS ou África e os seus traballos publicáronse en Life, Geo, National Geographic, Paris-Match e Stern. Caracterizado por unha fotografía espontánea e auténtica, publicou Three Banners of China (1966), Face of North Vietnam (1970), Visions of China (1981) e In China (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou na cabalaría e distinguiuse nas campañas de Italia durante a Guerra de Sucesión de Austria. En 1764 Carlos III encargoulle a reforma do exército de Nueva España. Loitou durante a Guerra de Independencia e ascendeu a xeneral. Escribiu Preceptos y máximas militares para instrución de los alumnos del colegio de Ocaña e o seu Diario de campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi ostentoso ou chamativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa María de Alta (Lugo). O seu cumio acada os 588 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO