"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Filósofo. Doutor en Filosofía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na figura de J. G. Fichte. Colaborou en diversas publicacións e foi autor, entre outras obras, de Análisis del “yo” en la filosofía de Fichte (1982), Proceso de personificación según la dialéctica de Fichte (1984), Fichte: Filósofo de la intersubjectividad (1988) ou Psicodinamismo evolutivo de la personalidad: contribución a uha antropología filosófica (1991). Membro do Instituto Mundial de Altos Estudos Fenomenolóxicos, obtivo o Premio de Investigación da Deputación de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Osmo (Cenlle). Datada no s XVIII, trátase dun conxunto arquitectónico formado por un edificio principal construído con cantaría de granito e varias construcións adxectivas unidas cara ao interior que forman unha planta irregular. O portal decórase con placas, volutas, pináculos e cilindros e sobre a porta atópanse tres escudos. Conserva unha capela nunha pequena leira pechada cun muro exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cabana de Bergantiños. Conserva un arco triunfal románico con columnas grosas e capiteis con ornamentación vexetal, e un retablo barroco, de estilo compostelán, que data do s XVIII. Ademais acolle os sepulcros do s XVII de Lorenzo Bermúdez de Castro e a súa dona María de Leis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. De estilo románico e datada no s XII, ten unha soa nave e ábsida semicircular, cuberta con bóveda de canón e de cuarto de esfera no tramo curvo. No exterior presenta dúas semicolumnas que dividen a ábsida en tres vans, no central ábrese unha fiestra semicircular. A porta principal ten os arcos semicirculares en aresta apoiados en columnas e xambas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Codosedo (Sarreaus) e Prado (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 885 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Vilar de Barrio, hoxe parroquias de Prado e A Alberguería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega, con soar na parroquia de Riobó (Cabana de Bergantiños), que trae como armas, en campo de sinople, unha torre de prata, cunha silva envolvendo a torre, ou, en campo de goles, unha espiga de ouro, alterada. Presenta a variante gráfica Riobó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Foi director do Centro de Documentación Europea e deputado no Congreso de los Diputados polo CDS (1986-1989). Publicou Estimación empírico bayesiana en un modelo econométrico de regresión lineal y su aplicación al estudo de la población en Galicia (1961-1975) (1978) e Representaciones gráficas de datos estadísticos (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e destacou polo seu interese na historia de Galicia. Foi académico de honra da Real Academia de la Historia (1748). Publicou, entre outras, La barca más prodigiosa: poema historial sagrado de la antiguedad invención, y milagros de el célebre Santuario de N. S. de la Barca (1728), Historia de Galicia ilustrada e Historia eclesiástica y secular de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa Grande de Cabanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite dos concellos da Pastoriza, Meira e Pol. O seu cumio acada os 596 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1054? - Cardiff 1134) Duque de Normandie (1087-1106), fillo e sucesor do duque Guillerme II (Guillerme I de Inglaterra). Rebelouse contra o seu pai en 1077-1078 e en 1082-1083. Viviu exiliado en Italia ata a morte deste. Ao tempo que o sucedía no ducado, o seu irmán Guillerme II de Inglaterra invadiu o territorio (1091), polo que se viu obrigado a cederlle os condados de Eu e Aumale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Xudá (931-914 a C), fillo e sucesor de Salomón. A súa actitude absolutista provocou a separación definitiva das dez tribos do Norte: as tribos de Xudá, Benxamín e Simeón formaron o Reino de Xudá, independente do de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Máquina de aspecto humano que é capaz de moverse, executar operacións ou falar.

      2. Máquina automática capaz de manipular obxectos executar operacións e movementos diversos segundo un programa que pode ser modificable ou adaptable, e que pode ir equipado con sensores para detectar os sinais de entrada e as condicións ambientais. Segundo o mando, os robots poden ser dirixidos a distancia (cando reproducen movementos ou ordes dun xerador remoto), regulables (cando executan movementos concretos mediante mandos manuais), programables (se os seus movementos están guiados por un programa) e intelixentes (se, ademais, teñen capacidade para modificar o seu comportamento de acordo coa observación do contorno por medio de sensores). Desde a antigüidade, a realización de mecanismos animados mediante dispositivos hidráulicos, poleas, pancas, engrenaxes e resortes foi unha constante na humanidade. Os robots constitúen un novo estadio, despois dos da mecanización e automatización na progresiva substitución de certas actividades humanas por dispositivos...

    1. Persoa que actúa como unha máquina, sen vontade propia.

    2. Imaxe dunha persoa que se obtén a partir dos datos achegados por alguén que a viu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de estudos e técnicas de realización de robots. Inclúe o conxunto de disciplinas que permiten concibir, realizar e automatizar a produción industrial, e é un elemento importante da fabricación con axuda de ordenador. A robótica baséase sobre todo na microelectrónica e a microinformática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de robotizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dotar de robots a unha instalación industrial.

    2. Transformar en robot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Promontorio litoral, o máis occidental da Península Ibérica (9° 30’ de lonxitude O), situado en Portugal, ao O de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á situación extraordinaria ou inverosímil que non parece real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raúl de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO