Rioboo
Rioboo
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega, con soar na parroquia de Riobó (Cabana de Bergantiños), que trae como armas, en campo de sinople, unha torre de prata, cunha silva envolvendo a torre, ou, en campo de goles, unha espiga de ouro, alterada. Presenta a variante gráfica Riobó.