"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Antropónimo feminino que provén do latín eclesiástico Quiteria, talvez latinización dun nome celtibero ou do grego Κυθέρεια, que ao latín pasou como Cytherea, epíteto de Venus Afrodita, da cidade de Citeres, en Creta. Presenta as variantes Quitera e Quitérea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Suponse que era filla dun nobre galaico pagán que se fixo bautizar ás agachadas, consagrando a súa virxindade a Xesús Cristo. Como se negou a casar co mozo que o pai lle buscara como marido, este decapitouna. En Portugal considérana natural de Coimbra. A súa festividade celébrase o 22 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero lineal formado pola unión de unidades N-acetilglicosamina ((C6H11O5) NHCOCH3), que segregan as células da hipoderma. É o principal constituínte das paredes celulares de certas algas, fungos e liques, e de exoesqueleto de insectos e crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dun grupo de enzimas que hidrolizan a transformación da quitina en N-acetilglicosamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante á quitina.

    2. Que está constituído ou revestido por quitina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Ecuador e da provincia de Pichincha (1.399.378 h [2001]). Está situada a 2.800 m de altitude, na aba L do volcán Pichincha, á beira do río Machangara. O crecemento da cidade quintuplicou a poboación ao longo do s XX, motivado en parte, pola construción do ferrocarril en Guayaquil, que tamén impulsou a industrialización. Fundada no s XV, foi a capital dun reino precolombino ata que a ocuparon os incas. En 1526 chegou a ser capital do imperio escindido fronte ao Reino de Cuzco (1534). Escenario das guerras civís peruanas, en 1556 converteuse en capital dunha gobernación e da audiencia desde 1563. Foi residencia da aristocracia terratenente colonial e no s XVII sufriu un forte descenso a causa das pestes. En 1809 a aristocracia local uniuse aos independentistas pero foi reconquistada polos españois en 1812, e non foi liberada ata 1822 por José de Sucre e incorporada á Gran Colombia. En 1830 a aristocracia de Quito formou o estado independente de Ecuador. A cidade foi a sede dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está libre ou non sometido a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disacárido que resulta da hidrólise da quitina e derivado da celobiosa por substitución dos hidroxilos en posición 2 polos grupos N-acetilamino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Túnica de liño ou la, longa e sen mangas, que usaban na antiga Grecia.

    2. Nome que reciben os moluscos anfineuros, da clase dos poliplacóforos, de corpo oval e sen saco visceral, cuncha dorsal de oito placas imbricadas en posición diagonal, aparato dixestivo en liña recta, cabeza sen ollos nin tentáculos, e pé como o dos gasterópodos. É mariño e habita sobre rochas calcarias litorais, a pouca profundidade, onde se alimenta de algas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se presenta en compostos tales como a quitina e os glicolípidos, cunha estrutura que corresponde á da D-glicosa, pero cun grupo amínico en substitución do hidroxilo no C-2.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quitridiais.

    2. Fungo da orde dos quitridiais.

    3. Orde de fungos, da clase dos quitridiomicetos, integrada por fungos unicelulares ou de micelio reducido, a miúdo cunha membrana de quitina, coas zoosporas cun só flaxelo. Habitan en medios acuáticos e son parasitos ou saprófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quitridiomicetos.

    2. Fungo da clase dos quitridiomicetos.

    3. Clase de fungos, da división dos mastigomicotas, con células reprodutoras flaxeladas. A maioría son parasitos de vexetais, doutros fungos e de invertebrados acuáticos, malia que algunhas especies son saprófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade fabulosa que as lendas situaban no actual estado de Kansas, EE UU. Francisco Vázquez de Coronado buscouna en 1541, pero unicamente atopou unha pequena aldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia dun quixote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que obra de xeito desinteresado e comprometido en defensa de causas que considera xustas, antepoñendo os seus ideais ao seu proveito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten características propias dun quixote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de quixote.

    VER O DETALLE DO TERMO